O Concello de
Melide solicitou as axudas á Consellería de Economía e Industria para un
proxecto de eficiencia energética do Parque Empresarial de Melide.
- O
Concello de Melide solicitou o 90% do total do proxecto que se pretende
levar a cabo que ascende a un montante de 107.81,85 € para a mellora
enerxética do Parque Empresarial da Madanela.
- Tamén
se solicitaron a esta mesma consellería axudas por valor de 70.971,84 €
para efectuar un proxecto de videovixilancia do sector empresarial da
vila.
Melide
26 de maio de 2012.-
O Concello de Melide ven de aprobar en Xunta de Goberno Local a petición dunha
axuda á Consellería de Economía e Industria para a habilitación e mellora das
infraestructura do Parque Empresarial da Madanela. Os proxectos que se
presentaron son por unha banda, un adicado a mellora da eficiencia enérxetica
do propio parque emprearial o que supoñerá un aforro nas arcas públicas locais
de cara a poder investir noutras necesidades de fortalecemento do tecido
empresarial da vila. Trátarase da dotación de servizos centralizados de
xeración e subministración de enerxía que derive nun aforro con relación aos
existentes no parque, para que así se consiga unha eficiencia dende o punto de
vista enerxético. Por outra banda, tamén se solicitou a instalación dun sistema
de seguridade e vixiancia cofinanciado por esta axuda nun 70% que ascende a
70.971,84 € que pretende incrementar a seguridade de todas as empresas
afincadas no parque empresarial melidá e supoñerán un fortalecemento do tecido
empresarial e das infraestructuras da vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario