Regos asegura que o ministerio de Hacienda confía na xestión económica do
Concello de Ordes
O alcalde ven de asinar un convenio
con La Caixa para o cobro de Plan de Pagamento a Proveedores
Ordes
24 maio 2012. “A recente
aprovación ó Plan de Pagamento a Proveedores e o visto bo do ministerio de
Hacienda ás facturas que enviamos é o mellor aval para os nosos veciños e
veciñas de que a situación económica do Concello de Ordes está controlada e é
factible”. Así de taxante se mostraba esta mañá Manuel Regos, alcalde de Ordes,
ante as críticas verquidas polos populares ordenses nas que se manifesta que “o
Concello se asoma ó abismo peosupostario”.
Onte mesmo o alcalde asinaba un convenio
co director da sucursal de La Caixa ubicada na vila para o pagamento das
facturas englobadas en dito plan. “Os primeiros cobros levaranse a cabo a
partir da vindeira semana, polo que o Concello de Ordes cumplirá coas súas
obrigas. O contador está a cero porque nós non temos nada agochado en ningún
caixón. É o mesmo Goberno Central actualmente em mans dos populares quen
autorizou o crédito e quen dixo que a nosa situación é factible porque estamos
capacitados para facerlle frente” puntualiza Manuel Regos. Tamén lle parece “moi
paradóxico e significativo que mentres en Madrid a xente do PP apoia as nosas
iniciativas os de Ordes se empeñen en levarlles a contraria”. Unha situación
que xa se viviu no último pleno cando os populares, acompañados polo BNG,
votaron en contra do Plan de Pagamento a Proveedores ideado e aprobado polo
ministerio dirixido por Cristobal Montoro.
Manuel Regos defendeu a política de
investimentos realizada nos últimos anos “na que primaron os servizos e
infraestructuras sociais para beneficio, uso e desfrute dos nosos veciños e
veciñas”. Neste sentido lembrou todo o
tempo no que rexentado por gobernos conservadores o Concello de Ordes
caracterizábase pola escasa inversión en bens e servizos. “Se o Concello gastou
é porque nestes últimos anos fomos nós os que tivemos que facer o que outros
deixaron pendiente” asegura o alcalde, que invita a quen queira a “dar unha
volta polas parroquias e polos inmobles públicos ou ben a falar cos milleiros
de veciños e veciñas que teñen participado nos cursos e actividades organizadas
polo Concello” para comprobalo.
O alcalde tamén amosou o seu descontento
co feito de facer oposición “usando o nome do interventor e doutros empregados
municipais”, tal e como nos ten afeitos o PP de Ordes. Dende a alcaldía
critícase e denúnciase a utilización dun informe do departamento de
Intervención con data do ano 2009 “para crear alarma social e intranquilidade
no sólo entre os veciños, senón tamén entre os empresarios e posibles
inversores que queiran instalarse en Ordes. Isto é algo ilóxico xa que a
realizade económica de entón non ten nada que ver ca de agora”. Por todo elo
dende o Goberno Local reclaman máis responsabilidade ós populares na política
comunicacional que están realizando e unha maior veracidade nas informacións
publicadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario