Ames
únese á celebración do Día das Letras Galegas cun acto literario no que
se entregaron os 24 premios dos certames Literario e Intercentros
O
auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a conmemoración do
Día das Letras Galegas. O evento comezou coa actuación dos alumnos e
alumnas da Escola Municipal de Música de Ames e continuou coa entrega
dos premios do IV Certame Intercentros e do IX Certame Literario.
Ames, 17 de maio de 2012.
A Casa da Cultura do Milladoiro foi esta tarde o epicentro das
celebracións organizadas polo Concello de Ames con motivo do Día das
Letras Galegas. O acto central desta conmemoración comezou ás 18,00
horas e estivo conducido polo xornalista amiense Diego Viaño.
![]() |
| Ames - Día das Letras Galegas - Maio 2012 |
O
programa deu inicio coa interpretación por parte da xornalista Nazaret
López dun poema de Valentín Paz Andrade, o autor homenaxeado este ano no
Día das Letras Galegas. Seguidamente, celebrouse unha actuación de
varios membros da Escola Municipal de Música de Ames. En primeiro lugar,
saíron ao escenario Guillermo e Iria Guimil Fuentes, que interpretaron a
violín 'La Marcha', de Sheila Nelson. Despois, Iria Guimil Fuentes
tocou a peza 'El baile ruso', de Piotr Tshaikovsky.
Tras
as actuacións musicais, deu comezo a entrega premios da cuarta edición
do Certame Artístico-Literario Intercentros, dirixido aos alumnos e
alumnas do segundo e terceiro ciclo de educación primaria do Concello de
Ames. Os galardóns foron entregados pola concelleira de Cultura,
Eugenia Martín, e polo concelleiro de Comercio, Promoción Económica,
Traballo, Turismo e Educación, Bernardo Moar.
![]() |
| Ames - Día das Letras Galegas - Maio 2012 |
Unha
vez rematada a entrega, volveron subir ao escenario membros da Escola
Municipal de Música de Ames para interpretar dúas pezas a violín. Nese
momento, foi a quenda de Iria Guimil Fuentes e Anna Mainska, que
interpretaron 'El Cuco', de Charles Daquin. Logo, xa en solitario, Anna
Mainska ofreceu ao público a obra 'Scherzo', do compositor Henryk
Wieniawsk.
Tras
a actuación musical, o acto de conmemoración do Día das Letras Galegas
continuou coa entrega de premios da novena edición do Certame Literario
que organiza o Concello de Ames e que xa se ten convertido en todo un
referente en Galicia. En nome do xurado que determinou os galardóns
(composto tamén polo investigador Xosé López Silva, a ex directora do
CEIP Barouta Teresa Noya e Rosa Moreiras), interveu a escritora Charo
Pita.
Neste
caso, os premios foron entregados pola concelleira de Atención e
Mediación Veciñal, Carmen Verde; pola concelleira de Medio Ambiente,
Sanidade e Cultura, Eugenia Martín; polo representante da Fundación
Feiraco, José Montes Pérez, e pola propia escritora Charo Pita.
![]() |
| Ames - Día das Letras Galegas - Maio 2012 |
Despois
de rematar coa entrega de todos os galardóns, a concelleira de Cultura,
Eugenia Martín, pechou o acto. Na súa intervención, a concelleira
destacou que o acto celebrado hoxe “é a nosa homenaxe, desde o Concello
de Ames, ás Letras Galegas. É a nosa forma de amosar o noso respecto
pola cultura galega e de celebrar como se merece esta data”.
Eugenia
Martín tamén lembrou a figura de Valentín Paz Andrade, a quen definiu
como “un home adiantado ao seu tempo” e subliñou “o seu compromiso
político e a súa inmensa sensibilidade cara Galicia”. A concelleira
engadiu que os traballos premiados no 2012 nos certames Intercentros e
Literario “reflicten a existencia dunha gran creatividade literaria en
galego” e considerou que os certames “cumpren sobradamente os seus
obxectivos: impulsar a creatividade, o emprego do galego e fomentar o
amor pola escrita”. Rematou a súa intervención agradecendo a
colaboración a todos os que fixeron posible estes certames e aos
participantes, dos que destacou “a súa calidade, imaxinación e
creatividade”.
O acto de conmemoración do Día das Letras Galegas organizado polo Concello de Ames rematou coa interpretación do Himno Galego.
![]() |
| Ames - Día das Letras Galegas - Maio 2012 |




Ningún comentario:
Publicar un comentario