Teo - máis de 60 persoas participan xa nas actividades de xinnasia terapeutica


AS ACTIVIDADES DE XIMNASIA TERAPÉUTICA DAN COMEZO CON MÁIS DE 60 USUARIOS


·        Comezaron con dous grupos, un en Calo e outro na Ramallosa

·        Os exercicios están adaptados a todas as persoas, maiores de 60

23 de maio de 2012.- O Concello de Teo acaba de poñer en marcha dúas actividades de ximnasia terapéutica para maiores de sesenta anos, con cadanseu grupo de trinta persoas en Francos (Calo) e na Ramallosa (Lucí). As clases teñen unha periodicidade semanal e están abertas á participación de máis cidadáns. Todas as persoas interesadas en sumarse a estas actividades poden solicitar información no departamento de Servizos Sociais do Concello.


O concelleiro de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, destaca o elevado interese co que se está recibindo a ximnasia terapéutica, en boa medida debido aos beneficios que lles reportan as clases aos asistentes. Iglesias explica que os exercicios “están pensados para que as persoas maiores fagan movementos que lles permiten manter e aumentar as súas capacidades físicas o maior tempo posible”. Con esta proposta, o Concello de Teo contribúe a que o colectivo con máis de sesenta anos gañe en autonomía e en calidade de vida.

Ademais, todos os exercicios que se desenvolven nestas sesións de ximnasia terapéutica están adaptados persoalmente e resultan compatibles con moitas das doenzas e enfermidades que poidan darse nos maiores.  


Ningún comentario: