O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO
PROGRAMA “BOS DÍAS COLE” PARA O CURSO 2012/13
O prazo de anotación
estará aberto ata o vindeiro 15 de xuño
22 de maio de 2012.- O Concello de Oroso abre hoxe o prazo de
inscrición no programa “Bos Días Cole”, un servizo de gardería e almorzo
dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos de idade que terá lugar no
CEIP de Sigüeiro durante o curso escolar 2012-2013. O prazo de inscrición
estará aberto ata o vindeiro 15 de xuño no Centro Cultural Fernando Casas e
Novoa de Sigüeiro.
O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso
busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral
e familiar, xa que lles permite deixar aos cativos nas instalacións do CEIP de
Sigüeiro dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan
esas horas da mañá con obradoiros de manualidades, talleres de lectura de
contos e diversos xogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario