AVANCE PRIMAVERA-VERÁN EN DO PARANÁ,
Espazo Serigráfico
§ “XERMOLAN
SERÍGRAF@S”
MOSTRA +
FESTA + SORTEO DE OBRA
Venres 25 de Maio - 21 h.
DO PARANÁ, Espazo
serigráfico convida á mostra de traballos realizados polos seus talleristas.
Poderanse apreciar
probas de ensaio de edición de obra, en tiradas limitadas sobre papel e
impresións téxtiles.
É unha boa
oportunidade para coñecer o proceso serigráfico no seu espazo de
produción e compartir a ledicia dos que aprenderon creando.
Haberá música, brinde
e un sorteo sorpresa entre os asistentes.
A entrada é libre e de
balde.