PSOE Ames - o PSOE nunca acordou cobrar a taxa do lixo de xeito retroactivo

O grupo Socialista de Ames en ningún momento acordou
cobrar a taxa do lixo de xeito retroactivo
O acordo asinado coa empresa Espina e Delfín non contemplaba as decisións que o goberno de Amor está a tomar.
O goberno anterior iniciou o procedemento de regularización do
servizo cun traballo de confección do Padrón do lixo mediante
procedemento negociado.
A empresa concesionaria pasou de cobrar o 7% que tiña
comprometido do Goberno de Astray ao 4,35%.
O Goberno de Ames quere votar todas as culpas á xestión do anterior grupo socialista, como é costume,
e reclama estas cantidades tan altas pola recollida dos residuos sen dicir a verdade. E totalmente falso
que teñamos que ver en nada disto.

Ante as declaracións do goberno actual queremos manifestar que é certo queo Goberno anterior asinara
un contrato coa empresa concesionaria Espina e Delfín para a xestión do padrón da taxa de residuos,
mediante procedemento negociado, que iniciaba a regularización deste servizo, pero en ningún caso
acordamos ó cobro retroactivo destas taxas, xa que primeiramente se trataba dun traballo de campo e
identificación da veciñanza.
Queremos deixar claro que á firma deste contrato con Espina e Delfín, á que se refire o actual Goberno
que foi feita un día antes da toma de posesión, non afectaba en nada á decisión que agora o Partido
Popular está tomando coas altas do lixo con efecto retroactivo. Así aparece nos distintos informes e é
facilmente comprobable.
Na Xunta de Goberno celebrada o 27 de abril de 2011 o que se acordou foi a aprobación para un
procedemento negociado de contratación para a regularización do que viña cobrando a empresa sobre o
mantemento, elaboración, depuración e actualización dos padróns de lixo, auga e saneamento que non
estaba no seu contrato inicial e supoñía un custe do 7% do padrón de cada ano para a empresa segundo
acordara verbalmente o anterior Alcalde popular, o Sr. Astrai, con Espina e Delfín. Deste xeito aparece
en sucesivos informes e ademais poñían de manifesto que había que regularizar a situación dado que
non tiña amparo legal algún que a empresa se quedase co 7% sen un contrato previo.
Polo tanto, non entendemos as críticas do actual goberno ao interese que se leva a empresa
adxudicataria do 4,35%, fronte o que tiña anteriormente apalabrado do 7%. Con este procedemento
negociado, que foi o que os técnicos naquel momento propuxeron para resolver dita situación, o que se
fixo foi unha regularizar a situación e pasar a cobrar o 4,35%. Esta é a mesma cantidade que cobraría
GTT, empresa de xestión de tributos do Concello, por estes traballos. Pero decidimos que fora a empresa
Espina e Delfín a que se fixera cargo porque xa estaba a realizar estes servizos.
O grupo socialista no goberno anterior esixiulle a empresa que fixera os traballos de campo , incluídos ós
de regularización do lixo no rural, cobrando a mesma cantidade que nos cobraría a empresa
adxudicataria GTT polo que o Concello saía gañando. Reiteramos que no contrato que se asinou non se
fala de efectos retroactivos na actualización dos padróns e polo tanto o Goberno de Ames non atopará
documento algún no que se diga que o Goberno anterior tiña a intención de cobrar o lixo dende o 2009.
Todo isto resulta dunha irregularidade do contrato do alcalde do PP, Astray, que despois supuxo un
acordo verbal dun 7% e que tivemos que regularizar ó chegar o goberno. Ademais esta irregularidade foi
posta de manifesto dende fai moito tempo polo interventor e por iso tivemos que solucionar legalmente
isto.
Dende o grupo socialista queremos deixar claro que “é enganar a xente deixar caer as culpas no
goberno anterior”. A nosa intención era a de regularizar o cobro de recollida de lixo aos veciños do rural
xa que entendíamos, e entendemos, que así á necesario facer e lóxico. Nos, de seguir no Goberno,
tiñamos pensado regularizar o cobro pola recollida de residuos a partir do presente ano 2012 pero en
ningún caso con efecto retroactivo. De este xeito se lle fixo coñecer os veciños e veciñas de Ames. Ós
que tamén se lle comunicou que dispoñían do servizo de recollida de lixo e non ó estaban a pagar e que
lóxicamente e por xustiza o terían que aboar chegase o momento.
O anterior Goberno Socialista o que fixemos neste tema foi deixarlles todo o traballo de campo listo e
feito, xa que xunto coa empresa Espina e Delfín, cuantificamos e identificamos a xente que estaba
recibindo este servizo, para comezar a cobrarllo a partir do 2012 por pura xustiza social e para
saneamento das arcas municipais nestes momentos de crise.
O goberno de Santiago Amor volve a mentir e deixar constancia da súa ineficacia e inexperiencia. De
novo vólvese a reflectir a estratexia do goberno por nutrirse as arcas votándonos a nós a culpa.
Trátase dunha actitude covarde do alcalde que non ten galadas a dicir que é unha pura decisión política
e volve a tirar pola xustificación fácil e dicir que isto pasa por decisións do goberno anterior.

Ningún comentario: