A Concellaría de Xuventude abre o prazo para
inscribirse na actividade de rafting que se celebrará no Ulla
o 2 de xuño
Durante
esa xornada, os asistentes realizarán un tramo de sete
quilómetros comprendidos entre Ponte de Barcala e o Mosteiro
dos Franciscanos de Herbón, en Carcacía (Padrón). Para poder
participar nesta actividade, que terá un custe de 25 euros,
os interesados deberán ter máis de 16 anos e saber nadar.
As solicitudes de inscrición
poderán presentarse desde o luns, día 21, ata o xoves 31 de
maio no PIX da Casa da Cultura do Milladoiro e na OMIX da Casa
do Concello de Bertamiráns.
Ames, 19 de
maio de 2012. O Concello de Ames, a través da
Concellaría de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude,
abre este luns o prazo para inscribirse na actividade de
rafting que se levará a cabo no Ulla o vindeiro 2 de xuño. O
custe desta xornada será de 25 euros.
Durante a actividade, os
asistentes realizarán un tramo de sete quilómetros comprendidos
entre Ponte de Barcala e o Mosteiro dos Franciscanos de Herbón,
en Carcacía (Padrón). O programa comezará ás 09,30 horas coa
saía da Praza do Concello de Bertamiráns e ás 09,45 horas da
Casa da Cultura do Milladoiro. A chegada á Carcacía está
prevista para as 10,30 horas e o remate da actividade e o
regreso será ás 14,00 horas.
Para poder participar nesta
actividade de rafting, os interesados deberán ter máis de 16
anos e saber nadar. Ademais, ese día deberán ir provistos de
roupa cómoda, traxe de baño, toalla e calzado deportivo. O resto
do equipo será facilitado antes do comezo da actividade.
As solicitudes de inscrición
poderán presentarse desde o luns, día 21, ata o xoves 31 de
maio. Os impresos deben presentarse os martes e os venres, en
horario de 09,00 a 14,00 horas, no Punto de Información Xuvenil
(PIX) da Casa da Cultura do Milladoiro. Na Oficina Municipal de
Información Xuvenil (OMIX) da Casa do Concello de Bertamiráns
poderá facerse a inscrición os luns, mércores e xoves.
O impreso de
inscrición poderá descargarse a través da sección AVISOS da
páxina web do Concello de Ames (www.concellodeames.org), ou
recollelo nos puntos de información ou na OMIX. O modelo de
inscrición deberá entregarse acompañado da seguinte
documentación: fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor,
fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e o xustificante de
pago das cotas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario