XOSÉ LUÍS MÉNDEZ ROMEU E XESÚS PEDREIRA PRESENTAN UNHA SERIE
DE INICIATIVAS PARA RECUPERAR O SECTOR TEXTIL DA COMARCA DE ORDES
Os numerosos peches que se teñen producido nos últimos
meses xeraron arredor de 500 parados do sector na comarca ordense
21 de maio de 2012.- Os deputados socialistas Xosé Luís Méndez Romeu
e Silvia Fraga, acompañados do secretario xeral da Agrupación Socialista de
Ordes, Xesús Pedreira, e dos representantes socialistas nos municipios de
Trazo, Frades e Tordoia presentarán mañá martes 22 de maio unha serie de
iniciativas para recuperar o sector téxtil na comarca de Ordes.
Un sector que
chegou a rexistrar máis de 60 empresas na comarca e que nos últimos meses está
a rexistrar numerosos peches que teñen producido arredor de 500 parados no
sector.
Os socialistas darán a coñecer mañá martes 22 de maio, ás 12:00 horas, na
sede da Agrupación Socialista de Ordes un paquete de medidas que van presentar
no Parlamento Galego para evitar a desertización industrial da comarca ordense
e potenciar un sector composto por pequenas empresas con maquinaria
especializada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario