O
Concello de Ames abona as axudas
para a promoción da actividade comercial
A
Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo,
Turismo e
Educación quere agradecer “a colaboración e o traballo
conxunto”
que están levando a cabo as asociacións comerciais do
municipio
amiense.
Neste
exercicio, destaca especialmente o incremento experimentado na
partida destinada á promoción económica, unha acción que a
Concellaría de Comercio considera “imprescindible no actual
momento económico, no que debemos prestar un maior apoio ao
importante tecido empresarial de Ames”.
Ames,
24 de maio de 2012.
O Concello de Ames, sempre comprometido coas asociacións de
comerciantes do municipio, abonou onte as axudas ao comercio
amiense
correspondentes a 2011. Neste exercicio, a subvención está
dotada
dun total de 37.000 euros.
A
Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo
e
Educación quere agradecer “a colaboración e o traballo
conxunto" que están levando a cabo as asociacións comerciais do
municipio amiense, unha reclamación que xa lles trasladara o
concelleiro, Bernardo Moar, na súa primeira reunión cos
empresarios
tras a toma de posesión do cargo. Moar anima aos comerciantes “a
seguir colaborando e traballando xuntos, algo que nos permitirá
facer máis con menos recursos”.
Neste
exercicio, destaca especialmente o incremento experimentado na
partida destinada á promoción económica, unha acción que a
Concellaría de Comercio considera “imprescindible no actual
momento económico, no que debemos prestar un maior apoio ao
importante tecido empresarial de Ames”.
O concelleiro de Comercio, Bernardo Moar, subliña a
importancia de
que esta promoción comercial se faga entre todas as
asociacións do
Concello, un aspecto que se valora no baremo da concesión
destas
axudas. Moar insta aos empresarios “a seguir por esta senda e
a
unir esforzos para saír adiante na actual conxuntura
económica”
A contía total das axudas
repártese en tres capítulos. A primeira
partida, destinada á iluminación de Nadal, conta con 12.000
euros,
outra de 6.000 euros é para infraestruturas e equipamento, e a
terceira, que se destina ao apartado de promoción comercial,
está
dotada de 19.000 euros.
A
Concellaría recorda, ademais, que a última liña de axudas ao
comercio foi convocada polo anterior Goberno municipal con
carácter
bianual (comprendendo os anos 2009 e 2010) por un total de
42.000
euros. Polo tanto, o Concello de Ames destaca que “o incremento
da
contía das subvencións para o ano 2011 foi importante”, xa que,
ademais, se fixo unha distribución dos fondos, dedicando máis á
promoción comercial e engadindo as axudas para a iluminación de
Nadal. Unha das accións que se levou a cabo foi eliminar a
partida
destinada a formación, que quedara deserta por falta de
solicitudes
nos últimos anos, para reorientala cara o impulso á promoción
comercial.
Distribución
das axudas
No
eido da promoción comercial, o Concello concedeu un total de
5.746
euros á Asociación de Comerciantes de Bertamiráns; 6.466 euros
á
Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI); un total de
2.499
para a Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira
Boulebar, e 4.288 para a Asociación de Empresarios Polígono
Novo
Milladoiro.
En
canto
ao apartado de infraestruturas e equipamento, AEMI recibiu
1.704
euros; ACB, un total de 1.458 euros; AEPNM recibiu 958 euros,
e
Palmira Bulebar, un total e 217.
Por
último, no capítulo correspondente á iluminación de Nadal, a
Asociación de Comerciantes de Bertamiráns e a Asociación de
Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro
recibiron
6.000 euros cada unha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario