Ordes - ábrese a rua do recreo despois da sua renovación


A rúa Recreo, no centro de Ordes, ábrese novamente ó tráfico tras a súa remodelación

A obra supuxo un investimento de 120.000 euros

Orde 22 maio 2012. A rúa Recreo, situada no centro urbán de Ordes, xa está novamente aberta ó tráfico. O vial permanecera pechado durante os últimos 15 días debido ás obras que se estaban a realizar no pavimento e que supuxeron un investimento de 120.000 euros. As labores que se realizaron durante este periodo inclúen a nova pavimentación e o seu repintado.

     Trátase dun arranxo moi demandado tanto por veciños como por conductores, nun tramo dalgo máis dun quilómetro de distancia dende a confluencia desta rúa coa avenida Alfonso Senra ata sobrepasar o desvío de cara ó campo de fútbol de Vista Alegre.  


Ningún comentario: