Un
grupo de 50 nenos/as de quinto de educación primaria do CEIP
Agro do
Muíño participan nun obradoiro sobre o sistema solar
A actividade,
impartida pola coordinadora da Aula da Natureza, contou cunha
breve
explicación do tema e diferentes exercicios prácticos,
adaptados á
idade do alumnado. O obradoiro desenvólvese entre as 10:00 h e
as
13:30 horas.
Os rapaces e rapazas
coñeceron como se formou o sistema solar e diversos aspectos
sobre
os planetas que forman o sistema solar (composición dos
planetas,
distancia respecto ao sol, etc).
![]() |
| Obradoiro Enerxía Solar - Ames - Maio 2012 |
Ames, 25 de maio de
2012. A concellería de Medio Ambiente, a través da Aula da
Natureza, está desenvolvendo varias actividades para o alumnado
dos
centros de ensino amienses. Un grupo de alumnos de quinto de
educación primaria do CEIP Agro do Muíño participou esta mañá
nun obradoiro sobre o sistema solar. A actividade, impartida
pola
coordinadora da Aula da Natureza, contou cunha breve explicación
do
tema e diferentes exercicios prácticos, adaptados á idade do
alumnado. Os rapaces e rapazas coñeceron como se formou o
sistema
solar e diversos aspectos sobre os planetas que forman o sistema
solar (composición dos planetas, distancia respecto ao sol,
etc). O
obradoiro desenvólvese entre as 10:00 h e as 13:30 horas.
O Concello de Ames, a
través da Aula da Natureza, está desenvolvendo un programa
específico de actividades dirixidas tanto ao alumnado dos
centros de
ensino coma á veciñanza amiense. Durante os últimos meses
realizáronse varios obradoiros dirixidos ao alumnado amiense
como o
obradoiro de ecosistemas, o obradoiro sobre o coñecemento dos
cinco
sentidos ou o obradoiro para coñecer os animais do solo e as
plantas
medicinais.
Agora, estase
desenvolvendo outro obradoiro sobre o sistema solar no que
participan
os alumnos/as de quinto de educación primaria do CEIP Agro do
Muíño.
Este tipo de actividades son un gran complemento para a
aprendizaxe
dos escolares. Na primeira parte do obradoiro os rapaces e
rapazas
recibiron unha charla sobre a formación do sistema solar e da
composición dos planetas. Trala explicación os alumnos/as
dividíronse en grupos e cada grupo preparou unha explicación
sobre
cada un dos planetas do sistema solar.
Os rapaces e rapazas
tamén participaron en varios obradoiros. O orballo que caeu
sobre A
Ameixenda non permitiu desenvolver esta actividade no exterior.
Así,
realizouse unha reprodución do sistema solar no interior da Aula
da
Natureza para coñecer a distancia que hai entre os planetas, a
súa
dimensión e a distancia respecto ao sol. No medio colocouse un
globo
de 30 centímetros. Ao redor do globo fóronse situando os
distintos
planetas. A dez pasos do globo colocouse Mercurio, que foi
representado cun alfinete. A oito pasos instalouse Venus,
representado por un grao de pementa. Deste xeito, fóronse
colocando
todos os planetas. A través deste xogo os nenos/as fixéronse
unha
idea da diferencia de tamaño que existe entre o sol e os
diferentes
planetas.
Por último os nenos/as
elaboraron unha maqueta do sistema solar. Primeiro colorearon os
planetas para despois recortalos e colocalos nunha maqueta que
representaba o sistema solar. O alumnado tamén tivo tempo para
saír
ao exterior da Aula da Natureza, merendar e xogar un anaco. O
tempo
non permitiu desenvolver outras actividades que necesitaban da
presenza do sol, dado que durante a mañá deste venres non se
deixou
ver.
A concellaría de Medio
Ambiente está promovendo unha serie de actividades dirixidas aos
centros de ensino e ANPAS do concello co obxectivo de unir
esforzos
en materia de educación ambiental. Así, o Proxecto de Educación
Ambiental do Concello de Ames márcase como obxectivo fomentar o
coñecemento e a valorización do medio, así como colaborar na
formación dunha conciencia crítica cos problemas ambientais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario