A FEGAMP NOMEA A XOSÉ LUÍS GARCÍA COMO
REPRESENTANTE DOS MUNICIPIOS GALEGOS NO CONSELLO REITOR DA AXENCIA GALEGA DE
EMERXENCIAS
22 de maio de 2012.- O alcalde de Brión, Xosé Luís García, acaba de ser
nomeado como representante titular da Federación Galega de Municipios e
Provincias (FEGAMP) no consello reitor da Axencia Galega de Emerxencias. Un
nomeamento que lle foi confirmado esta mañá polo secretario xeral da FEGAMP,
Eduardo Ramonde Rodríguez.
O consello reitor da Axencia Galega de Emerxencias, no que a FEGAMP dispón
de catro representantes, é o órgano colexiado de control, planificación e
supervisión xeral da actividade do centro. Xosé Luís García considera moi
interesante a súa participación neste órgano pois “é quen aproba as directrices
xerais e o plan anual de actuacións da Axencia Galega de Emerxencias e sempre é
interesante coñecer máis polo miúdo o seu funcionamento”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario