Silleda - comezan os traballos na áreea recreativa de Lamela


A Concellería de Obras e Servizos xa comezou os traballos para a dotación da área recreativa de Lamela

-As tarefas para a instalación dun parque biosaudable adquirido pola Asociación de Veciños, dotación de céspede e dun peche serán asumidas con fondos municipais

-O concelleiro Manuel Cuíña explica que as obras, na parcela contigua ao centro social de Lamela, quedarán listas nas vindeiras semanas


Silleda, 23 de maio de 2012.  A Concellería de Obras e Servizos, que dirixe Manuel Cuíña Fernández, vén de iniciar as primeiras labores para a creación dunha área recreativa na parroquia de Lamela, na parcela situada xunto ao centro social da localidade. Este emprazamento será axardinado para logo colocar o mobiliario do parque biosaudable adquirido pola Asociación de Veciños San Miguel de Lamela.
Dende o Concello asumiranse as labores de instalación e a construcción dun peche no frontal da finca. Os operarios do departamento de Obras e Servizos xa comezaron a instalar as peanas onde se colocarán as pezas do parque. “Esperamos que nas vindeiras semanas poidamos ter todos os traballos listos”, sinala Manuel Cuíña, que destaca a colaboración coa asociación veciñal.
Esta actuación vén a complementar os traballos de reforma e mellora no centro social de Lamela, nos que tamén colaborou o Concello de Silleda asumindo a redacción do proxecto de obra. Ademais da redistribución do interior do local, os traballos consistiron na sustitución das baldosas ou o forrado das columnas con madeira, entre outros. 

Ningún comentario: