O Concello organiza a I Andaina Solidaria por Ames que se desenvolverá pola senda verde o vindeiro domingo 27 de maio
Trátase
dunha
actividade deportiva para recadar fondos para as persoas
máis desfavorecidas do concello. Os fondos recadados
entregaránselle a Cáritas Diocesana do Milladoiro e
Bertamiráns. Todos os participantes terán que facer un
pequeno donativo de 3 euros. Nesta iniciativa tamén colabora
o Club de Atletismo Milla Raio.
Esta andaina comezará ás 10:00 horas e
realizarase pola senda verde, pero terá dous puntos de
partida, Bertamiráns e O Milladoiro. Os participantes
camiñarán ata un punto de encontro que será o campo da festa
de Bugallido. Posteriormente, os camiñantes volverán cara o
punto de partida.
Os participantes que saian dende O
Milladoiro andarán unha distancia de 14 quilómetros, mentres
que as persoas que partan dende a Praza do Concello, en
Bertamiráns, percorrerán 12 quilómetros.
As persoas que
desexen participar nesta actividade deberán
inscribirse chamando ao número de teléfono 981884991 ou
enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.org. O
prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de maio ás 14:00
horas.
O Concello de Ames en colaboración co Club de
Atletismo Milla Raio e Cáritas Diocesana do Milladoiro e
Bertamiráns organizan a I Andaina Solidaria por Ames que se
desenvolverá o vindeiro domingo 27 de maio. Esta andaina
comezará ás 10:00 horas e realizarase pola senda verde, pero
terá dous puntos de partida, Bertamiráns e O Milladoiro. Os
participantes camiñarán ata un punto de encontro que será o
campo da festa de Bugallido. Posteriormente, os camiñantes
volverán cara ao punto de partida. Os participantes que saian
dende O Milladoiro andarán unha distancia de 14 quilómetros,
mentres que as persoas que partan dende a Praza do Concello, en
Bertamiráns, percorrerán 12 quilómetros. As persoas que desexen
participar nesta actividade deberán inscribirse chamando ao
número de teléfono 981 884 991 ou enviando un correo electrónico
a deportes@concellodeames.org.
O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de maio ás 14:00
horas. A participación na carreira requirirá o pagamento dun
donativo de tres euros co obxectivo de recadar fondos para
Cáritas.
A Concellaría de
Deportes, Tempo Libre e Voluntariado Ames organiza a I Andaina
Solidaria por Ames que se celebrará o próximo 27 de maio a
partir das 10:00 horas. Esta andaina estaba previsto que se
realizase o pasado 29 de abril, pero por motivos meteorolóxicos
houbo que suspendela. Agora, agárdase que as previsións
meteorolóxicas e o bo tempo sexa bo e poida desenvolverse o
último domingo do mes de maio. Trátase dunha actividade
deportiva para recadar fondos para as persoas máis
desfavorecidas do concello. Os fondos recadados entregaránselle
a Cáritas Diocesana do Milladoiro e Bertamiráns. Todos os
participantes terán que facer un pequeno donativo de 3 euros.
Nesta iniciativa tamén colabora o Club de Atletismo Milla Raio.
Esta andaina desenvolverase pola senda verde, que une
Bertamiráns e O Milladoiro a través de vellos camiños e novas
pistas forestais, que percorren zonas cun interesante valor
patrimonial e paisaxístico. A saída está prevista para as 10:00
horas, pero haberá dous puntos de partida, unha na Praza do
Concello, en Bertamiráns, e outra no parque infantil de Ventín,
no Milladoiro. As persoas que saian dende O Milladoiro andarán
unha distancia de 14 quilómetros, mentres que os participantes
que partan dende a Praza do Concello, en Bertamiráns,
percorrerán 12 quilómetros.
Os camiñantes encontraranse nun punto intermedio, no campo da
festa de Bugallido. Neste lugar establecerase un punto de
avituallamento. Os participantes poderán levar algo para comer
co fin de repoñer forzas. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Posteriormente, os camiñantes volverán cara ao punto de partida.
A andaina terá unha dificultade media e está dirixida ás persoas
que lles guste camiñar e gozar da natureza. Recoméndase levar
auga e calzado cómodo.
Inscricións
Todas as persoas que desexen participar na primeira andaina
solidaria terán que inscribirse antes do venres 25 de maio ás
14:00 horas. Poden facelo no correo electrónico deportes@concellodeames.com
ou chamando ao número de teléfono 981 884 991. Deberán incluír o
seu nome e apelidos, a idade, teléfono e enderezo. Para
participar entregarase un donativo de 3 euros destinado
integramente a Cáritas Diocesana de Bertamiráns e do Milladoiro.
Esta cantidade será aboada no momento da saída da andaina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario