O Concello de Melide
será un dos nove concellos elixidos pola Dirección Xeral de Xuventude para
levar a cabo unha xornada de ocio e emprendemento dentro do programa Conectate.
- Técnicos
da Dirección Xeral de Xuventude mantiveron unha reunión coa Alcaldesa de
Melide, Ánxeles Vázquez, maila concelleira de xuventude, Dalia García co
fin de expoñerlles as actividades que terán lugar en Melide o vindeiro día
23 de xuño.
- Melide
foi un dos nove concellos elixidos para levar a cabo unha xornada adicada
ao ocio e o emprendemento centrados no caso de Melide no mundo do motor,
dada a aficción que existe neste concello por este deporte.
Melide 24 de maio de 2012.- A
alcaldesa de Melide maila concelleira de xuventude mantiveron unha xuntanza
nesta semana con técnicos da Dirección Xeral de Xuventude na que se trataron os
temas centrais da xornada do vindeiro 23 de xuño na vila de Melide. Ánxeles
Vázquez amouso a súa satisfacción dado que Melide foi un dos concellos elixidos
pola Dirección Xeral de Xuventude para celebrar unha xornada adicada ao ocio, a
aprendizaxe e o emprendemento dentro do programa Conectate da Xunta de Galicia.
A liña xeral deste programa e a promoción e potenciación do movemento
asociativo vinculado á xuventude, entendendo a participación como mecanismo de
aprendizaxe non formal, opción de ocio educativo e de desenvolvemento de
actividades cívicas e persoais determinantes para o futuro do colectivo
xuventil. A xornada que terá lugar en Melide o 23 de xuño está centrada no
mundo do motor, os deportes de velocidade e a carga de esforzo e sacrificio que
respersentan no encontro que leva por título “Emprendemento social no mundo do
motor” baixo o lema “Quentando motores, o teu KM0 cara o emprendemento”. Un
ocio responsable, alternativas de empregabilidade xunto coa diversión son
posibles para a xuventude, o vindeiro 23 de xuño en Melide cita co motor no IES
de Melide. A concelleira de xuventude, Dalia García, califica o programa
Conectate de iniciativa orixinal e agradece á Dirección Xeral de Xuventude que
Melide forme parte do mesmo ao ser un pobo no que o mundo do motor é todo un
exemplo e a xuventude desfruta con este deporte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario