Silleda - este Domingo ruada polos muiños de Parada


A parroquia silledense de Parada celebra unha ruada polos seus muíños o vindeiro domingo

Silleda, 22 de maio de 2012. A música e a tradición popular encherán a parroquia silledense de Parada o vindeiro domingo día 27 de maio.
A asociación de veciños da localidade, en colaboración co Concello de Silleda, a través da Concellería de Cultura e Turismo, celebra unha ruada a partir das 17.00 horas, percorrendo con música e baile os lavadoiros que forman parte da chamada ruta da auga  da aldea. A cita, á que se recomenda acudir con instrumentos, comezará con cantigas no lavadoiro de Barro, e continuará polos de Outeiro e Parada, onde se celebrará a festa central na que non faltará unha merenda. 

Ningún comentario: