Ames Novo, o novo impulso dunha iniciativa cidadá
Este xoves á noite, no Pazo da Peregrina, tivo lugar o acto constituínte
de Ames Novo. Neste encontro participaron arredor de 100 persoas, xentes
moi plurais da sociedade amesá, persoas significativas do ámbito educativo, do
deporte, do comercio, da cultura ou das asociacións de veciños, ademais de
algúns convidados de municipios próximos.
O acto comezou coa intervención de Henrique Monteagudo, portavoz de Ames
Novo, e Pilar Candocia voceira municipal. Logo abriuse un interesante
debate entre persoas diversas da cidadanía amesá, contou tamén coa achega de
xente coñecida como Martiño Noriega, alcalde de Teo ou Manolo Portas,
quen foi concelleiro en Santiago e veciño de Ames. O encontro desenvolveuse
no exterior do Pazo como un diálogo nun espazo público aberto, unha
demostración desa nova cultura de facer
política de Ames Novo, unha iniciativa cidadá na que ten cabida moita
xente que non atopa vía nos partidos políticos tradicionais.
Ames Novo leva actuando politicamente
de forma autónoma desde hai tempo, e o seu grupo municipal, Anxo Doval,
Susana Mayo e Olalla Alvite xunto a súa portavoz, Pilar Candocia, son o principal
motor do Concello, ben coas súas iniciativas, ben coas propostas alternativas
aos recortes e retrocesos do Partido Popular. Este acto tamén valeu para vincular
a Ames Novo coa proposta que está nacendo nas coordenadas do
galeguismo/nacionalismo e do progresismo/esquerda, a súa vontade é contribuír a
esta alternativa clave para o futuro do país.
En palabras de Pilar Candocia:
“Ames
Novo é un proxecto de
futuro, queremos ser unha ferramenta para o avance da cidadanía amesá.
Motívanos mellorar a calidade de vida da xente, promover o benestar, facer
que o público xogue un papel principal no avance da sociedade, de todas e todos.”
O acto serviu para recoñecer que Ames Novo é
unha forza como moito aval social, con grande simpatía entre a cidadanía,
que vai implicando cada vez a máis xente nun novo xeito de colaborar na
mellora de Ames. Unha forza próxima, que dialoga coa sociedade, con
iniciativa e con moita capacidade impulsar unha alternativa ambiciosa para
Ames, pensada para o benestar social e a participación cidadá.
i� p l u ��� ��� úas
materias e realizar os deberes aló. Todo iso unido a unha serie de actividades,
de acordo con cada grupo de idade, como: obradoiros formativos e recreativos,
actividades físicas, exposicións de traballos manuais, sesións de música e
baile, circuítos de educación viaria ou festas temáticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario