A
Escola
de Música realizará unha reunión para informar dos prazos de
matrícula para o curso 2012-2013
Toda a
información necesaria sobre organización da EMMA, novas
materias,
prazos de matrícula, cotas mensuais, situación da escola,
etc,
darase nesta reunión que se celebrará este xoves, 24 de maio
ás
20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.
A EMMA
abre un primeiro prazo de reserva de matrícula para o
próximo curso
2012/2013, dirixido aos alumnos/as que xa estiveron
matriculados na
EMMA este curso. Este prazo abrangue dende o día 28 de maio
ata o 1
de xuño.
Os
pais e
nais de todos aqueles nenos/as que desexen comezar estudios
musicais
na Escola Municipal de Musica de Ames deberán formalizar a
matrícula
do 11 ao 22 de xuño.
Ames,
22
de maio de 2012. A
Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) organizou unha
reunión
informativa para todos os pais e nais dos alumnos/as
matriculados
neste centro, coa intención de informar e aclarar calquera
dúbida
con respecto aos prazos de matrícula de cara ao vindeiro
curso
2012-2013. Toda a información necesaria sobre organización
da EMMA,
novas materias, prazos de matrícula, cotas mensuais,
situación da
escola, etc, darase nesta reunión que se celebrará este
xoves, 24
de maio ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.
O
Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente,
Sanidade e Cultura, informa aos pais/nais e alumnos/as da
Escola
Municipal de Música de Ames, que este xoves 24 de maio, ás
20:30
horas, celebrarase unha xuntanza informativa na Casa da
Cultura de
Bertamiráns, onde se abordarán diferentes aspectos da escola
de
música (organización e horarios, novas materias que se
impartirán,
prazos de matrícula, cotas mensuais, situación da escola...)
de
cara ao vindeiro curso escolar 2012-2013.
Ademais,
con motivo do remate do presente curso escolar, a Escola
Municipal de
Música de Ames (EMMA), abre un primeiro prazo de reserva de
matrícula para o próximo curso 2012/2013, dirixido aos
alumnos/as
que xa estiveron matriculados na EMMA este curso. Este prazo
abrangue
dende o día 28 de maio ata o 1 de xuño. Para que a praza quede
reservada, os pais e nais terán que ingresar na conta bancaria
correspondente o importe da matrícula e achegar o resgardo de
pagamento xunto coas fichas da matrícula nos lugares
sinalados.
Toda
a información para facer a matrícula está especificada nas
follas
das solicitudes que se deberán entregar, dentro do prazo
sinalado,
ben no Pazo da Peregrina en Bertamiráns de luns a venres,
en horario
de 9:00 h. a 14:00 horas, ou ben na Casa da Cultura do
Milladoiro de
luns a venres desde as 9:30 h. ás 13:00 horas.Por outra banda, os pais e nais de todos aqueles nenos/as que desexen comezar estudios musicais na Escola Municipal de Musica de Ames deberán formalizar a matrícula do 11 ao 22 de xuño. Para responder a calquera tipo de dúbida ou pregunta sobre os cursos da EMMA, os interesados teñen á súa disposición o número de teléfono 981 535 940 de luns a venres, en horario de 9:30 h. a 13:00 horas. Tamén poden enviar un correo electrónico a escolademusica@concellodeames.org
Oferta
educativa da EMMA
A
oferta educativa como sempre estará orientada a nenos/as de 4
anos
en adiante. Para os máis pequenos, que non poden comezar aínda
cun
instrumento musical, ofrecéselles a clase de Música e
Movemento,
que consiste nunha especie de iniciación á musica para os
grupo de
nenos/as que teñen de 4 a 7 anos. Para os maiores de 7 anos a
EMMA
seguirá ofrecendo as mesmas clases que se veñen desenvolvendo
en
cursos anteriores como é Linguaxe Musical (solfexo),
recomendable
para todos aqueles matriculados nun instrumento e as clases de
Combo
ou Conxunto Instrumental de Música Moderna.
Ademais impartiranse clases para a práctica de diferentes instrumentos. Así, poderán asistir aqueles nenos/as que desexen aprender a tocar ou mellorar a súa técnica no piano, guitarra, frauta, violín, percusión e batería ou saxofón. E por último, ofertaranse varias prazas para as clases de canto moderno, que están dirixidas para nenos/as a partir dos 7 anos, e que teñen unha duración dunha hora á semana. Para poder participar nas clases de canto moderno haberá que realizar unha proba de acceso previamente.
Ademais impartiranse clases para a práctica de diferentes instrumentos. Así, poderán asistir aqueles nenos/as que desexen aprender a tocar ou mellorar a súa técnica no piano, guitarra, frauta, violín, percusión e batería ou saxofón. E por último, ofertaranse varias prazas para as clases de canto moderno, que están dirixidas para nenos/as a partir dos 7 anos, e que teñen unha duración dunha hora á semana. Para poder participar nas clases de canto moderno haberá que realizar unha proba de acceso previamente.
Como
todos os anos celebrarase unha actuación de fin de curso
onde
actuarán todos os alumnos e alumnas da EMMA. Este festival
terá
lugar o próximo 22 de xuño, ás 19:30 horas, na Casa da
Cultura de
Bertamiráns. Nesta cita o alumnado poderá mostrar todo o que
aprendeu durante o curso e deleitarnos con pezas musicais
nunha
agradable velada, sobre todo para os orgullosos pais e nais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario