DIEGO GÓMEZ, AMINA FERNÁNDEZ E MIGUEL ANGEL BOADO,
GAÑADORES DO VII CONCURSO DE MARCAPÁXINAS DO CONCELLO DE OROSO
21 de maio de 2012.- A biblioteca municipal de Sigüeiro (Oroso) fixo entrega dos
premios da sétima edición do seu concurso de marcapáxinas, que foi gañado por Diego Gómez Casas, de 5 anos
(na cateogría de 3 a 5 anos); Amina Fernández Rodríguez, de 7 anos (na
categoría de 6 a 8 anos) e Miguel Ángel Boado Fernández, de 10 anos (na
categoría de 9 a 11 anos). O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, foi o
encargado de entregar os premios aos gañadores, consistentes en sendos lotes de
libros.
O xurado valorou a calidade, orixinalidade e a mensaxe de
animación á lectura dos marcapáxina á hora de escoller os gañadores. Uns
marcapáxinas que pasan a ser propiedade do Concello de Oroso, que os editará e
repartirá entre os veciños e veciñas do municipio a través da propia biblioteca
municipal.
Unha vez rematado o acto de entrega dos premios, os
rapaces asistiron a unha actuación da compañía de Teatro de Marionetas
“Trécola”, que representou a súa obra “A vaca Palmira”. Unha actuación que,
unida a un obradoiro celebrado na mañá do sábado, pechou a programación
especial do Concello de Oroso co gallo do Día das Letras Galegas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario