Ordes - asínase un convenio con La Caixa para o pago a proveedores


Regos asina un convenio con La Caixa para realizar o Plan de Pagamento a Proveedores

O alcalde de Ordes confía en que os primeiros ingresos comencen a facerse a partir da vindeira semana


Ordes 23 abril 2012. Manuel Regos, alcalde de Ordes, asinou esta mañá o convenio coa entidade bancaria La Caixa para a realización do pagamento a proveedores con facturas pendentes de cobro. Dito plan, regulado no Real Decreto-ley 4/2012, de 24 de febrero e co que se pretende axudar ás administracións locais en materia de pagos pendentes, supón unha cantidade de preto de 2,7 millóns de euros no caso do Concello de Ordes. Según avanzou o edil se espera que a partir da vindeira semana se empecen a aboar as facturas que previamente foron aprobadas polo  Goberno Central.

     A autorización deste crédito foi aprobada no último  pleno municipal cos votos de UXO, CIDEGA e PSOE. A pesar de que foi o goberno popular de Mariano Rajoy quen sacou adiante esta medida a través do ministerio de Hacienda, o PP ordense conxuntamente cos nacionalistas votaron en contra. Agárdase que tras os primeiros cobros que se realicen ós proveedores das administracións locais a finais do presente mes, o ministerio comence a facer o mesmo cos das comunidades autónomas a partir de xuño. 

Ningún comentario: