Brión - os alevins do Bastabales campións da copa de Rois


OS RAPACES DAS E.M. BASTAVALES U.D. ALEVÍNS PROCLÁMANSE CAMPIÓNS DA PRIMEIRA COPA CD ROIS

Gañaron os 6 encontros e acadaron os trofeos ao máximo goleador (Manuel Xiraldez, 21 goles) e ao menos goleado (Dani Casal, 2 goles)

22 de maio de 2012.- Os alevíns das Escolas Municipais Bastavales UD (Brión) proclamáronse campións invictos da I Copa C.D. Rois de fútbol-7, disputada esta fin de semana no campo da Braña Seira (Rois). Un torneo organizado polo C.D. Rois nas modalidades prebenxamín, benxamín e alevín, categoría na que participaron os rapaces das EM Bastavales UD canda outros 15 equipos da comarca.


Os alevíns brioneses, de idades comprendidas entre os 10 e os 11 anos, amosaron unha gran superioridade durante todo o torneo, como amosa o feito de que gañaron todos os seus partidos e que tan só encaixaron 2 goles en todo o torneo. Así, as EM Bastavales UD clasificáronse primeiros dun grupo composto por SD Villestro, SD Escravitude (4-0) e Crocha Balompié (13-0).

En cuartos de final, os brioneses derrotaron ao Praiña SPC; chegando ás semifinais fronte aos locais do CD Rois, a quen venceron por 3 goles a 1. Na final, a victoria decantouse do lado brionés por un contundente 3-0 ao Pontecesures. Deste xeito, o pódium final quedou encabezado pola EM Bastavales UD, seguido do Pontecesures e do 11 Cabaleiros CF (que venceu na final de consolación ao CD Rois).

Ademais do triunfo colectivo, os alevíns de Brión tamén levaron os dous trofeos individuais en xogo: o premio ao máximo goleador, que recaeu en Manuel Xiráldez con 21 goles; e o trofeo ao porteiro menos goleado, que lle correspondeu a Dani Casal, que tan só apañou 2 goles nos seis encontros disputados.

Ningún comentario: