A
veciñanza amiense poderá gozar dunha fin de semana chea de
teatro
A
programación teatral que ten preparada a concellaría de
Cultura
para este trimestre de Primavera continua este venres,
25 de maio ás
21:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns coa
representación
da peza teatral “Oeste
Solitario”,
da compañía Produccións Teatrais Excéntricas, que está
dirixida
ao público adulto.
As
entradas para asistir á función teñen un prezo de 5
euros para os
maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento
para os
menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de
65 anos. As
entradas pódense reservar ata o venres ás 14:00 horas
a través do
teléfono 981 535 940 ou no enderezo
cultura.milladoiro@concellodeames.org.
O
sábado 26 de maio, ás 21:00 horas, será a quenda para o
Grupo
Municipal de Teatro de Ames que estrea na Casa da Cultura do
Milladoiro a súa última produción O
Médico
a paus. A programación teatral
da fin de
semana remata o domingo 27 de maio, ás 19:30 horas, na Casa
da
Cultura do Milladoiro coa representación de Fíos
de prata a cargo do alumnado do
IES de Ames.
Ames,
21 de maio de 2012.
Dende a concellaría de Cultura teñen preparada unha
programación
repleta de teatro para a vindeira fin de semana. O venres 25
de maio,
ás 21:00, na Casa da Cultura de Bertamiráns representarase a
obra
Oeste
Solitario
a cargo da compañía Produccións Teatrais Excéntricas. O
sábado
26 de maio, as 21:00 horas, será a quenda para o Grupo
Municipal de
Teatro de Ames que estrea na Casa da Cultura do Milladoiro a
súa
última produción O
Médico a paus.
A programación teatral da fin de semana remata o domingo 27
de maio,
ás 19:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro coa
representación
de Fíos
de prata
a cargo do alumnado do IES de Ames. Xa se pode facer a
reserva de
entradas para a obra de teatro Oeste
Solitario
a través do teléfono 981 535 940 ou do enderezo
cultura.milladoiro@concellodeames.org.
As outras dúas representacións son de balde.
Esta
fin de semana volve o teatro a Ames con tres representacións
a cargo
da compañía Produccións Teatrais Excéntricas, o Grupo
Municipal
de Teatro de Ames e o alumnado do IES de Ames. A
programación
teatral comeza o venres, ás 21:00 horas, coa representación
da
obra Oeste
Solitario
a cargo da compañía Produccións Teatrais Excéntricas.
Os amigos
escóllense, os irmáns tócanche. Esta frase resume en parte o
argumento da última produción de Excéntricas: Oeste
Solitario.
Da man dos protagonistas Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira,
que
representan aos irmáns Valene e Coleman, e coa colaboración de
María Lado e Marcos Correa, o director Quico Cadaval achéganos
esta
historia orixinal de Martin McDonagh.
A sinopse
fala dunha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de
Irlanda.
Ao pé da casa, unha lagoa de augas escuras. Aló abaixo, a
aldea, a
carón da ría de Lennane. Nesa casa viven os protagonistas do
Oeste
Solitario; os irmáns Connor: Valene e Coleman. Despois de
enterrar o
pai, volven ao tobo onde fermenta lentamente o rancor, a
intolerancia
e o odio.
A
historia semella que só pode acabar de dúas maneiras: cun
coitelo
entre os omóplatos ou cun cranio rebentado polo tiro dun
cartucho do
12. Tamén hai unha parella romántica: Girleen, a rapariga da
aldea
que lles vende o augardente ilegal, e o padre Welsh,
patético
párroco fracasado, que interveñen na historia, provocando
sen
sabelo, un xiro inesperado.
As
entradas para asistir a esta función teñen un prezo de 5
euros para
os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento
para os
menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65
anos. As
entradas pódense reservar ata o venres 25 de maio, ás 14:00
horas,
a través do teléfono 981 535 940 ou no enderezo
cultura.milladoiro@concellodeames.org.
As entradas reservadas terán que recollerse o día da función
entre
as 20:00 h e as 20:30 horas. Os billetes que non se recollan
nese
horario venderanse a partir das 20:30 horas. Despacharanse
un máximo
de 4 entradas por persoa.
Grupo
Municipal de Teatro de Ames
O
sábado 26 de maio será a quenda do Grupo municipal de Teatro
de
Ames que estreará a súa última produción O
Médico a paus.
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle, ás
21:00 h, a
última montaxe do grupo municipal de teatro de Ames. O
Médico a paus
é o nome da última peza que preparou este grupo de teatro
afeccionado, que naceu hai nove anos en forma dun obradoiro
de
interpretación.
Despois
de representar a obra do italiano Goldoni, indagar no
absurdo da man
do alemán Karl Valentín, atreverse con Nunca
nada de ninguén
da autora portuguesa Luísa Costa Gomes, representar a obra O
porvir está nos ovos,
de Eugéne Ionesco, agora o grupo municipal de teatro
representa O
Médico a paus,
de Molière.
Nesta
comedia, a ollada perspicaz pon o foco na ciencia dos
médicos, ao
tempo que esboza un retrato das mulleres a cabalo entre
a
discriminación e maltrato físico, moral e social.
Esta
peza teatral está dirixida por Mónica Camaño. O vestiario e a
escenografía correu a cargo dos propios actores e o deseño de
iluminación ten a firma de Ze Paredes, quen xa preparou as
catro
últimas montaxes do grupo. O elenco artístico está composto
por
Manel Pardo, Emilia Mayo, Rosana González, Tati Duro, Pablo de
Prado, Paz Romai, Carmela Pardal, Patricia Quintiá e Pilara
Gómez.
A
programación teatral da fin de semana remata o domingo 27 de
maio,
ás 19:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro coa
representación
de Fíos de
prata
a cargo do alumnado do IES de Ames. As obras O
médico a paus e
Fíos de prata están
dirixidas a todos os públicos e serán de balde polo que
non haberá
que sacar entrada. Poderase acceder ao auditorio da Casa
da Cultura
do Milladoiro ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario