Do Paraná - avance de actividades primavera verán



AVANCE PRIMAVERA-VERÁN EN DO PARANÁ, Espazo Serigráfico

§  “XERMOLAN SERÍGRAF@S”
MOSTRA + FESTA + SORTEO DE OBRA
Venres 25 de Maio - 21 h.

DO PARANÁ, Espazo serigráfico convida á mostra de traballos realizados polos seus talleristas.

Poderanse apreciar probas de ensaio de edición de obra, en tiradas limitadas sobre papel e impresións téxtiles.

É unha boa oportunidade para coñecer o proceso serigráfico no seu espazo de produción  e compartir a ledicia dos que aprenderon creando.

Haberá música, brinde e un sorteo sorpresa entre os asistentes. 
A entrada é libre e de balde. 


Xermolan Serígraf@s son

ALMA GÓMEZ MARTÍNEZ
ANA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ
ISABEL GARCÍA GONZÁLEZ
MARÍA XESÚS LÓPEZ SISO
MIGUEL PERALTA MARAVER
OLAYA DE LOS PALOS FERNÁNDEZ
SONIA ABELLEIRA DE GERÓNIMO
UXÍA PUENTE FERNÁNDEZ
XIANA RODRÍGUEZ COBO
XOANA ÁLVAREZ MARTÍN



  • “ARRIBA @S PEQUEN@S”


            Nesta primavera-verán, ás actividades habituais de produción e ensinanza da       serigrafía, sumamos un ciclo na entreplanta, cunha selección de propostas para      nenas e nenos curiosos, creativos, cosmopolitas e pacíficos, a cargo de tres       profesionais cunha ampla experiencia nos seus campos.
            Adxuntamos pdf coa información detallada sobre cada un dos talleres e currículum         das coordinadoras responsables de impartilos.

ARTE E MONICREQUES EN INGLÉS CON MIRARI URRUZOLA (Teatro Babaluva)
http://www.babaluva.com | 699 692 030  

  • Aprender inglés como segunda lingua construíndo un teatro de papel e uns personaxes para xogar a representar historias. É unha iniciación ao segundo taller.
Xoves 24 e 31 de maio, 7 de xuño | 3 sesións de 1 hora | 17 a 18 h |
38 € (33 € + 5 € materiais).

  • Aprender inglés como segunda lingua construíndo unha marioneta moito máis elaborada, modelada en papel maché, pintada e vestida, coa que se xogará a representar unha historia.
2 ao 13 de xullo. De luns a venres | 10 sesións de 2 horas | 11 a 13 h |
145 € (130 €+15 € materiais)


  • OBRADOIRO DE BULLYING E AUTOESIMA CON MARICAMEN COTA PIÑEIRO,Psicóloga e Psicoterapeuta especialista en nen@s e adolescentes.
650382527 |  galicelta@gmail.com
Desenvolvemento da autoestima como antídoto ao fenómeno do acoso escolar. Xogos creativos, simulacións e a adquisión de técnicas persoais, co obxectivo de informar, detectar, previr e sensibilizar aos nenos de 5 a 10 anos, fronte ao perigos do acoso escolar entre compañeiros.
Sábado 2 de Xuño | 11:00 a 13:30 h | 15 €  co material incluído.




Un percorrido por distintas técnicas de estampar: Monotipia | Estampación con Stencil, por percusión, flotante e de camisetas | Gravado en oco | Creación de moldes e tipos. De 5 a 14 anos (grupos de traballo segundo as idades)
Sábados 9 e 16 de xuño | 2 sesións de 2 horas | 11.30 a 13.30 h | 30 € co material incluído.

As actividades realizaranse cun mínimo de matrículas confirmadas.


+ Información e Reservas de praza: contacto responsables de cada actividade. 

Ningún comentario: