Dirixido por José Tomás Cháfer, foi
finalista ao mellor espectáculo infantil nos Max 2011
‘Pinocho,
un cuento musical’ chega este domingo ao Auditorio de Galicia
- Será a partir das 18.30 e as entradas, a 12€, poden mercarse
na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco e o día do
espectáculo no propio Auditorio de Galicia
- Chega dentro da xira que xa permitiu a máis de corenta mil
espectadores achegarse ao entrañable monicreque de madeira
Santiago de Compostela, 22/05/2012.- A partir do éxito obtido na Mostra d’Alcoi de 2009, ‘Pinocho, un
conto musical’ iniciou unha xira estatal que permitiu achegar ao entrañable
monicreque de madeira a máis de corenta mil espectadores. E dentro desta xira,
este domingo chega a Compostela o musical, que foi finalista ao mellor
espectáculo infantil nos Max 2011. Será no Auditorio de Galicia a partir das
18.30h e as entradas, a 12€, poden mercarse xa na billeteira do Teatro
Principal, en Novagaliciabanco, e na billeteira do Auditorio de Galicia o
propio día do espectáculo desde as 17.00h.
Trátase dun
espectáculo baseado no conto clásico de Carlo Collodi, que baixo a batuta do
director, José Tomás Cháfer, fai as delicias de pequenos e grandes. Pinocho, un
conto musical nace da combinación da esencia do conto con todos os elementos
dos grandes musicais. Así pois, os pequenos espectadores gozarán dun universo
sonoro e visual preparado para facerlles soñar; recoñecerán a contorna de
Pinocho nunha escenografía pensada para sorprenderlles; participarán no
espectáculo a través dos xogos que se intercalan na acción; divertiranse
contemplando as coreografías bailadas polos seus personaxes favoritos e poderán
escoitar grandes voces que interpretarán, en rigoroso directo, as cancións que
se recollen no CD do espectáculo.
EQUIPO CREATIVO
Y ARTÍSTICO
Producido por Mario Sanchis y José Tomàs, TEMPUS
PRODUCCIONES, C.B.
Texto orixinal: CARLO COLLODI
Dirección e idea orixinal: JOSÉ TOMÀS
Dramaturxia: MARIANO LLORET y JOSÉ TOMÀS
Música orixinal: FEDERICO RIZZO
Escenografía: AMADEU VIVES
Vestiario: TONI POLO, AMPARO MARTÍNEZ, TERE GRAU
Coreografía: PACHI G. FENOLLAR
Deseño de luces: MARI BENAVENT
Fotografía: ROMAIN ERENA
Elenco: Neus Alborch, Miguel Ángel Belotto, Noemi
Botella, José Denia, Dani Paz, Natxo Núñez e José Tomás

Ningún comentario:
Publicar un comentario