O primeiro Torneo de fútbol base Ames Cup Verán disputarase do 29 de xuño ao 1 de xullo
No acto de
presentación participaron o concelleiro de Deportes, Tempo
Libre e
Voluntariado, Manuel Ferreiro, o presidente do Bertamiráns FC,
Rafael Budiño, o vicepresidente e director deportivo da
modalidade
de fútbol base do Bertamiráns FC, Alfonso Salgado, e o
director
deportivo da modalidade de fútbol base do Milladoiro SD,
Vicente
Javier González.
Haberá oito equipos por categoría completando un total de 40 equipos. Os grupos estarán formados por catro equipos cada un. Na primeira fase os equipos enfrontaranse entre eles disputando tres partidos cada un. O primeiro e segundo equipo de cada grupo clasificarase para a fase final, mentres que o terceiro e cuarto xogarán a fase de consolación. A segunda fase desenvolverase polo sistema de eliminación directa. A competición será mixta polo que os equipos poderán estar formados por nenos e nenas. Haberá tres categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
A inscrición, que é gratuíta, estará aberta ata o vindeiro 15 de xuño. Para inscribirse tan só é necesario cumprimentar o impreso de inscrición que se pode descargar na web do Concello de Ames e na web do Bertamiráns FC. A continuación hai que enviala á dirección de correo electrónico a bertamiransfc@gmail.com. Calquera dúbida chamar ao número de teléfono 620 875 369 ou entrar na web www.bertamiransfc.com
Ames, 15 de maio de
2012. O Pazo da Peregrina acolleu esta mañá a presentación
do
I Torneo de fútbol base Ames Cup Verán, un evento organizado
polo
Bertamiráns FC e o Milladoiro SD e que conta coa colaboración do
Concello de Ames. Este evento tamén conta co patrocinio de
varias
empresas como son Beirasar, Espina & Delfín e La Caixa. Esta
competición celebrarase entre o 29 de xuño e o 1 de xullo no
campo
municipal de Bertamiráns e do Milladoiro. Este torneo dispútase
na
modalidade de fútbol 7 para as categorías prebenxamín, benxamín
e
alevín. No acto de presentación participaron o concelleiro de
Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, o
presidente
do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, o vicepresidente e director
deportivo da modalidade de fútbol base do Bertamiráns FC,
Alfonso
Salgado, e o director deportivo da modalidade de fútbol base do
Milladoiro SD, Vicente Javier González.
O
acto comezou coa presentación do torneo por parte do concelleiro
de
Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, que
catalogou
o acordo subscrito entre o Bertamiráns FC e o Milladoiro SD para
organizar este torneo de “moi importante”. Segundo Ferreiro
“trátase dos dous clubs con maior estrutura nas categorías de
base do concello”. O Bertamiráns FC conta con preto de 400
nenos/as que compiten en oito categorías diferentes de fútbol
base,
mentres que o Milladoiro SD conta con 200 nenos/as pertencentes
a 7
categorías de fútbol base.
O
concelleiro de Deportes continuou dicindo “pódese dicir que esta
é
a primeira pedra que se pon entre estes dous clubs para poder
desenvolver de xeito conxunto futuros proxectos. Creo que están
traballando moi ben coas categorías de base e isto é algo
primordial para fomentar o deporte entre a mocidade. Dende o
Concello
de Ames intentaremos darlle un pulo a este torneo traendo algún
equipo de fóra de Galicia que serva de reclamo para o resto de
participantes. Agardo que este torneo teña o mesmo éxito que a
primeira edición do Torneo de fútbol base Bertamiráns FC, Ames
Cup, que se celebrou durante Semana Santa”.
Por
último o concelleiro de Deportes aproveitou para darlle as
gracias
as empresas Beirasar, Espina & Delfín e La Caixa que
colaboran
neste torneo. Ademais, dende os dous clubs deixaron aberta a
porta a
colaboración en futuros proxectos e incluso falaron da
posibilidade
de facer unha selección de Ames para participar nalgún torneo
que
se celebre fóra do concello.
Características
do torneo
Esta competición celebrarase entre o 29 de xuño e o 1 de xullo no campo municipal de Bertamiráns e do Milladoiro. Este torneo dispútase na modalidade de fútbol 7 para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Haberá oito equipos por categoría completando un total de 40 equipos. Os grupos estarán formados por catro equipos cada un.
Esta competición celebrarase entre o 29 de xuño e o 1 de xullo no campo municipal de Bertamiráns e do Milladoiro. Este torneo dispútase na modalidade de fútbol 7 para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Haberá oito equipos por categoría completando un total de 40 equipos. Os grupos estarán formados por catro equipos cada un.
Na
primeira fase os equipos enfrontaranse entre eles disputando
tres
partidos cada un. O primeiro e segundo equipo de cada grupo
clasificarase para a fase final, mentres que o terceiro e
cuarto
xogarán a fase de consolación. A segunda fase desenvolverase
polo
sistema de eliminación directa.
A competición será mixta polo que os equipos poderán
estar
formados por nenos e nenas.
A
inscrición, que é gratuíta, estará aberta ata o vindeiro 15
de
xuño. Para inscribirse tan só é necesario cumprimentar o
impreso
de inscrición que se pode descargar na web do Concello de
Ames e na
web do Bertamiráns FC. A continuación hai que enviala á
dirección
de correo electrónico a bertamiransfc@gmail.com.
Calquera
dúbida
chamar ao número de teléfono 620 875 369 ou entrar na web
www.bertamiransfc.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario