ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO
‘EMPRÉGATE’ DIRIXIDO AOS MOZOS DE TORDOIA
A
xornada, de carácter gratuíto, terá lugar o vindeiro 1 de xuño na Casa da
Cultura
22
de maio de 2012.- Ferramentas para a busca activa de emprego ou
como enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo serán algúns dos
puntos que se tocarán no Obradoiro Emprégate que a Casa da Cultura do Concello
de Tordoia acollerá o vindeiro venres, 1 de xuño. Trátase dunha iniciativa
promovida pola Dirección Xeral de Xuventude co obxectivo de dotar a mocidade do
municipio das ferramentas necesarias para poder optimizar as súas posibilidades
na busca de emprego. A xornada, de carácter gratuíto, celebrarase en horario de
tarde, de 19h a 22 horas, e para participar tan só é necesario inscribirse antes
do 25 de maio.
A prospección de novos nichos de
mercado, a importancia dun currículum vitae ben elaborado e adaptado ao posto
de traballo ao que opta, así como a elaboración dunha carta de presentación ou
as claves para desenvolver con éxito unha entrevista de traballo serán tamén
outros dos aspectos que se abordarán na xornada. Desde o Concello de Tordoia, o
seu rexedor, Antonio Pereiro animaba aos máis novos a participar neste tipo de
iniciativas xa que “permítelles coñecer outras vías para atopar un emprego ou
mellorar a súa situación laboral actual”, explicou.
Mínimo
de alumnado
Así mesmo, desde a organización
destacaron a necesidade de conquerir un mínimo de dez alumnos para desenvolver
a iniciativa, polo que todas as persoas interesadas en participar, tanto
menores de 30 anos como técnicos locais de emprego, animadores xuvenís,
concelleiros de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera
colectivo interesado no eido da mocidade, poden inscribirse antes deste venres, 25 de
maio na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 683 006 ou no enderezo
electrónico cultura@tordoia.dicoruna.es.
Este obradoiro inxírsen no marco
do programa Activa, promovido pola Xunta de Galicia para fomentar a inserción
laboral da mocidade no mercado laboral. Persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil son os
encargados de ofrecer estes cursos en concellos e comarcas das catro provincias
desenvolvendo catro tipoloxías de formación que tentan abranguer cuestións
transversais e de interese para a mocidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario