PSOE Ordes - solicitude de ensanchamento das beirarruas de Alfonso Senra


OS SOCIALISTAS DE ORDES SOLICITAN MELLORAS NA SEGURIDADE VIARIA DOS PEÓNS NA RÚA ALFONSO SENRA

Xesús Pedreira denuncia que “hai varios puntos onde os peóns, as cadeiras de rodas e as sillas de nenos teñen obrigatoriamente que baixarse á N-550 para poder circular”

A Agrupación Socialista de Ordes presentará unha moción ao pleno municipal do vindeiro martes 29 de maio para solicitar melloras na seguridade viaria dos peóns na rúa Alfonso Senra, que atravesa a vila de Ordes a ambos lados da N-550. O voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ordes, Xesús Pedreira, explica que “coa entrada en funcionamento da rolda leste e o desvío de gran parte do tráfico pesado do centro da Vila de Ordes, podemos recuperar a rúa Alfonso Senra para os veciños e humalizala de tal maneira que as beirarrúas cumpran coa legalidade vixente”.


Pedreira Mirás apunta que “hai varios puntos da rúa Alfonso Senra onde os peóns teñen obrigatoriamente que baixarse á N-550 para poder circular, co perigo que iso supón para a súa seguridade. Un perigo que se incrementa no caso de que o viandante vaia en cadeira de rodas ou leve unha silla de nenos”. Unha situación especialmente grave diante do número 143 da rúa Alfonso Senra e que tamén afecta ao tramo entre os números 122 e 133.

Esta situación fai que eses tramos de beirarrúas incumplan o establecido na Lei 1/1998, de 5 de maio, de Accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, urbanísticas e da comunicación (Artigos 9 e 10). Por iso, o PSdeG-PSOE solicitará o apoio do pleno municipal para instar a Demarcación de Carreteras de Galicia e ao Ministerio de Fomento que recuperen a rúa Alfonso Senra para os veciños, permitindo que se poida aproveitar máis esta rúa para aparcar vehículos a motor e incrementar o ancho das beirarrúas diante do número 143 e das vivendas comprendidas entre os números 122 e 133.

Arranxo de pista O Balado-Darefe


Así mesmo, os socialistas ordenses tamén instarán ao Concello de Ordes a arranxar a totalidade da pista que une O Balado e Darefe con firma de zahorra. Xesús Pedreira explica que “hai aproximadamente un ano empezouse a acondicionar esta pista, que dá moito servizo tanto ás fincas de labranza como para os que queren atallar cara Darefe, pero parouse antes de chegar ao río e, ademais, o anaco que se arranxou non quedou ben, polo que volve estar en malas condicións”.

Ademais de solicitar o arranxo con zahora de toda a pista, os socialistas de Ordes solicitan tamén ao Concello de Ordes que estude a posibilidade de ensanchala.

Ningún comentario: