Amosando publicacións coa etiqueta TRAZO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRAZO. Amosar todas as publicacións

A oposición de Trazo pide unha comisión para investigar a pranta de residuos e o PP a rexeita

Trazo, 24/06/2016 - Non fai moito tempo o Partido Popular de Trazo rexeitaba a construcción dunha pranta de residuos na canteira de A Picota. As propostas de Psoe e BNG, no pleno celebrado onte, e que consistían na creación dunha comisión na que traballaran todos para solucionar o problema foi rexeitada.
A continuación as posturas de Psoe e BNG.

O alcalde Trazo oponse a instalación dunha planta de residuos no concello

1/6/2016 - O Goberno local de Trazo vén de pronunciarse ante a posible instalación dunha planta de clasificación de residuos provenientes de SOGAMA na canteira da Picouta, situada no mesmo termo municipal. “Temos claro que dende o Concello nos opoñemos a este proxecto porque queremos un Concello rural e sostible medioambientalmente. Apostamos por un crecemento empresarial que teña a ben os nosos recursos naturais, axudándonos a manter a contorna, a paisaxe e a calidade de vida que caracteriza este municipio”, explica o alcalde José Dafonte. 

O PSOE de Trazo interpón recurso contra os acordos adoptados no pleno

O PSOE de Trazo vén de interpoñer recurso de reposición contra a convocatoria e os acordos adoptados na sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal de Trazo celebrada ás 12:00 horas do 18 de marzo de 2016. Os socialistas consideran que son nulos de pleno dereito xa que o pleno non foi convocado cos dous días hábiles de antelación que, como mínimo, deben transcurrir dende a convocatoria e a celebración da sesión. Este incumprimento impediu o acceso dos concelleiros socialistas aos expedientes relativos a puntos tan importantes aprobados nese Pleno, como son os orzamentos municipais de 2016 ou o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O concelleiro socialista Jorge Noya xa advertira desta irregularidade antes do inicio da sesión: “puxen de manifesto que non fora convocado para o Pleno coa antelación que establece a lexislación, polo que a convocatoria e a celebración do Pleno eran nulos de pleno dereito”. Así mesmo, Noya Pereiro indicou que se reservaba o dereito a impugnar os acordos que se adoptasen nesa sesión “xa que se me ten impedido consultar os expedientes relativos á sesión coa antelación suficiente, lesionando o meu dereito a participar en igualdade de condicións nese pleno”. Porén, as consideracións do concelleiro socialista foron desatendidas polo alcalde de Trazo, que decidiu celebrar a sesión.

O PSOE de Trazo lembran que esta actitude obstruccionista do alcalde co labor da oposición e a vulneración dos dereitos fundamentais dos concelleiros dos grupos da oposición non son algo novo no municipio, como confirmou o mes pasado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao desestimar o recurso de apelación interposto polo alcalde de Trazo, Xosé Dafonte, contra a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo Número 4 da Coruña que o pasado mes de setembro de 2015 denunciaba a actitude obstruccionista do alcalde á actividade da voceira do PSOE de Trazo, Beatriz Domínguez, así como a vulneración do dereito fundamental da concelleira ao exercicio das súas funcións no Concello de Trazo.

Fundamentos xurídicos

Os socialistas explican que o pleno e os acordos tomados son nulos de pleno dereito, tal e como recolle o artigo 62 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXPA), xa que o alcalde Xosé Dafonte vulnerou as regras esenciais da convocatoria dos plenos municipais, recollidas no artigo 46.2 da Lei de Bases do Réxime Local (LRBL), e que o obrigan a convocar aos concelleiros cun mínimo de dous días hábiles de antelación á celebración da sesión plenaria.

Neste caso, a notificación enviouse o 16 de marzo de 2016, ás 10:00 horas, cando o Pleno se fixou para o venres 18 de marzo de 2016, ás 12:00 horas. O artigo 46.2.b da LRBL establece que as sesións plenarias se convocarán con dous días hábiles, polo menos, de antelación ao día da súa celebración. As únicas excepcións a esta norma son as sesións extraordinarias de carácter urxente e as sesións de comparecencia das concelleiras para responder diante do pleno. Ademais, o artigo 48.4 da LRXPA establece que eses dous días hábiles contaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, polo que a sesión debería terse realizado como moi pronto o sábado 19 de marzo ou o luns 21 do mesmo mes.





Psoe Trazo - O Tribunal Superior confirma que o alcalde vulnerou os dereitos da oposición

A Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestima o recurso de apelación interposto polo alcalde de Trazo, Xosé Dafonte, contra a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo Número 4 da Coruña que o pasado mes de setembro de 2015 denunciaba a actitude obstruccionista do alcalde á actividade da voceira do PSOE de Trazo, Beatriz Domínguez, no exercicio das súas funcións públicas. O TSXG confirma que se vulnerou o dereito fundamental da concelleira ao exercicio das súas funcións no Concello de Trazo.

Beatriz Domínguez indica que esta sentenza, contra a que non cabe recurso, “confirma o que os socialistas levamos anos advertindo: que dende o Concello de Trazo se está actuando de mala fe co único obxectivo de entorpecer o noso labor como oposición, cando somos os lexítimos representantes escollidos polo pobo de Trazo”. Unha situación que obrigou aos Socialistas de Trazo a ter que solicitar o amparo do Valedor do Pobo en varias ocasións ao longo dos últimos anos.

Ademais, os socialistas lembran que o Concello de Trazo está tamén a demorar a entrega das actas das Xuntas de Goberno Local. Esta situación é especialmente grave nun municipio como Trazo, no que só hai un máximo de catro sesións plenarias ordinarias cada ano polo que o traballo dos grupos da oposición baséase case exclusivamente na fiscalización e revisión das actas das Xuntas de Goberno, ás que só asisten os concelleiros do Partido Popular. “Enviar as actas cunha demora de entre 3 ou 4 meses non só incumpre a Lei, que establece un prazo máximo de 10 días, senón que demostra o medo que o señor Dafonte lle ten á transparencia e a que os veciños coñezan a súa pésima xestión á fronte do Concello”.

Imposición de costas

A setenza do TSXG especifica que “cabe compartir el criterio de la sentencia apelada relativo a que la impugnada actuación municipal provocó la lesión del derecho fundamental invocado por la demandante en la instancia, procediento por tanto la desestimación del presente recurso de apelación”, así como a imposición das costas sufridas en segunda instancia pola concelleira socialista.

A sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo Número 4 da Coruña declaraba que o alcalde de Trazo “ha lesionado el derecho fundamental de la recurrente a la participación en asuntos públicos, al impedirle el acceso a la documentación solicitada” e mesmo denunciaba que o alcalde actuaba “aparentando legalidad” pero demorando o accso á información “de forma que no puedan informarse y mantener informados a los ciudadanos del trabajo que se desarrolla en la Alcaldía. Esto es: coartando el ejercicio de sus funciones como concejales”. 

A documentación solicitada polos socialistas consistía nas alegacións formuladas por veciños, entidades, partidos políticos e Administración ao documento de aprobación inicial do PXOM de Trazo, así como o expediente completo de contratación de asistencia técnica ao Concello no proceso de exposición pública do PXOM, un expediente pola anulación dunha taxa municipal e unha subvención que se lle deu por decreto do alcalde a unha sociedade de caza. Unha petición máis que xustificada en Trazo, onde os erros cometidos polo alcalde fixeron que os documentos do PXOM que se expuxeron ao público en setembro de 2014 non se corresponderan cos aprobados inicialmente polo Pleno Municipal de xullo do mesmo ano. Daquela, a rápida actuación dos socialistas de Trazo, advertindo das irregularidades aos técnicso do Concello, evitaron unha nova demora nun Plan Xeral que xa acumula case unha década de atrasos por mor da deixadez e incompetencia do alcalde Xosé Dafonte.

Psoe Trazo - O Psoe inclue no Plan de Acción Social o arranxo dos centros sociais

A Agrupación Socialista de Trazo conseguíu incluir no Plan de Acción Social 2015 da Deputación da Coruña a súa proposta de arranxar os centros sociais do municipio, en especial o de Restande. A voceira municipal, Beatriz Domínguez, indica que “o centro social de Restande está en moi mal estado e precisa melloras na fachada, no seu interior, na cuberta e na súa contorna, polo que celebramos que se vaian investir 60.340 euros neste proxecto, así como outros 185.000 euros no acondicionamento dos centros sociais de Morlán e A Brea”.

Os socialistas presentaran o pasado 27 de outubro a súa proposta de actuacións necesarias para as convocatorias do PAS 2015 e do Plan de Obras e Servizos (POS 2016) da Deputación da Coruña. Ademais dos arranxos nos locais sociais, o PSOE de Trazo tamén conseguíu a inclusión dunha obra no POS 2016: o acondicionamento e mellora da estrada de Cerqueira a Ponte, en Chaián. Así mesmo, “celebramos especialmente que por primeira vez o señor Dafonte nos fixera caso e destinase todos os cartos a obras e non a gasto corrente, pois practicamente son as únicas inversións que se fan en Trazo ao longo de todo o ano”, indicou Beatriz Domínguez.

O grupo municipal socialista aproveitou a sesión plenaria para solicitarlle ao alcalde que explique cantos cartos ingresa o Concello polo aluguer dos terreos a cantinas, pulpeiros e xogos durante as festas de San Mateo de Vilouchada, así como os criterios que utiliza para adxudicar ese espazo na contorna da capela de San Mateo e o número de empresas que se convida á poxa.

Psoe Trazo - A Deputación arranxará o tramo que circula por Trazo na DP-8401 A Tablilla-Agro do Mestre

O deputado provincial de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior, Antonio Leira, vén de realizar unha visita a Trazo para comprobar sobre o terreo as actuacións que a Deputación da Coruña ten previsto realizar no municipio. Unha visita na que estivo acompañado por membros da Agrupación Socialista de Trazo, polo alcalde en funcións, Eugenio Lamas, e por persoal do Servizo de Obras e Servizos da Deputación.

A comitiva visitou a estrada DP-8401 A Tablilla-Agro do Mestre, onde a Deputación da Coruña ten previsto mellorar a capa de rodadura a través dunha mestura bituminosa en quente dende Castenda ata o seu final. Na actualidade, o firme desta estrada está feita en rego superficial, polo que precisa un reforzo urxente para soportar o elevado tráfico de vehículos pesados que soporta a diario. 

Unha obra que o deputado provincial cifrou en algo máis de 430.000 euros, xa que a cifra definitiva se coñecerá tras un modificado do proxecto para incluír un pequeno tramo de estrada que discorre polo veciño concello de Tordoia. Unha vez aprobado este modificado, o proxecto será elevado ao Pleno da Deputación para a súa aprobación. A intención da Deputación Provincial é realizar un bacheo, rasanteo e nivelación con mestura asfáltica en quente do firme actual para, posteriormente, estender unha capa de mestura asfáltica en quente de 6 centímetros de espesor en todo o ancho da calzada, previa limpeza de paseos e cunetas.

A voceira municipal do PSOE de Trazo, Beatriz Domínguez, destacou que “esta obra é unha das peticións que lle trasladamos nunha reunión previa a Antonio Leira, como deputado provincial da comarca, e na que tamén lle pedimos o reforzo do firme da estrada DP-7804 Agro do Mestre-Ponte Albar, xa que é a principal vía de comunicación dos veciños e veciñas de Trazo con Santiago”. 

Paralización das beirarrúas en Agro do Mestre
Leira Piñeiro aproveitou a visita para coñecer sobre o terreo a problemática que ten paralizadas as obras de construción das beirarrúas en Agro do Mestre, uns traballos que acomete a Deputación da Coruña sobre un proxecto elaborado polo Concello de Trazo. A comitiva puido comprobar como o proxecto do Concello só contemplaba unha capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros como pavimento desta travesía, cando as grandes deformacións que existen no seu firme actual fan necesario rasantear a superficie cunha capa previa de regularización que non estaba contemplada. Ademais, o proxecto tampouco contemplaba a retirada dos postes de Fenosa, polo que é preciso que o Concello de Trazo elabore un modificado do proxecto inicial.

Beatriz Domínguez aproveitou para instar ao Concello de Trazo “a que axilicen o máis posible a elaboración do modificado porque se acerca o inverno e as obras non poden quedar sen rematar, prolongando innecesariamente as molestias que están a sufrir os veciños e veciñas de Agro do Mestre”. A voceira municipal socialista agradeceu a visita do deputado provincial xa que “fronte a despreocupación que no caso das beirarrúas de Agro do Mestre amosaron tanto o alcalde Dafonte como do concelleiro de Obras, José M. Castiñeiras Sánchez, Antonio Leira preocupouse de vir a Trazo para resolver os problemas que provoca a deixadez do Goberno do PP”. 

Así mesmo, agarda que este clima de cooperación coa Deputación se poida manter para poder arranxar as distintas estradas provinciais de Trazo, tal e como lle trasladaron ao deputado provincial os representantes da Agrupación Socialista de Trazo.

Psoe Trazo - O Xulgado condena a “actitud obstruccionista” do alcalde

O Xulgado do Contencioso Administrativo Número 4 da Coruña vén de atender o recurso da portavoz dos Socialistas de Trazo, Beatriz Domínguez, contra os continuos atrasos e dificultades no acceso á información municipal postos por parte do alcalde, Xosé Dafonte. A sentenza dá conta dunha “actitud obstruccionista del Alcalde a la actividad de la concejal en el ejercidio de sus funciones públicas” e considera “vulnerado el derecho fundamental de la recurrente al ejercicio de sus funciones en el Concello de Trazo”. 

A sentenza, emitida o pasado 9 de setembro, declara que o alcalde de Trazo “ha lesionado el derecho fundamental de la recurrente a la participación en asuntos públicos, al impedirle el acceso a la documentación solicitada”, polo que lle impón as costas do procedemento. A devandita documentación, solicitada polos socialistas o 19 de marzo de 2015 e á que puido finalmente acceder o 8 de xuño de 2015, consistía nas alegacións formuladas por veciños, entidades, partidos políticos e Administración ao documento de aprobación inicial do PXOM de Trazo, así como o expediente completo de contratación de asistencia técnica ao Concello no proceso de exposición pública do PXOM. 

Unha petición máis que xustificada en Trazo, onde os erros cometidos polo alcalde e o Grupo Municipal do Partido Popular fixo que os documentos do PXOM que se expuxeron ao público en setembro de 2014 non se correspondían cos aprobados inicialmente polo Pleno Municipal de xullo do mesmo ano. A rápida actuación dos socialistas de Trazo, advertindo das irregularidades aos técnicso do Concello, evitaron unha nova demora nun Plan Xeral que xa acumula case unha década de atrasos por mor da deixadez e incompetencia do alcalde Xosé Dafonte.

“Aparentando legalidad”
A sentenza é tamén especialmente crítica con todas e cada unha das alegacións presentadas por Xosé Dafonte para tentar de xustificar a súa actitude obstruccionista coa oposición municipal. Así, especifica que “no se entiende que no se tenga el mismo espíritu expeditivo para facilitar el trabajo a los concejales que son parte de la Corporación salvo que, aparentando legalidad, se pretenda impedir el acceso a la información, no impidiéndolo pero sí demorándolo de forma que no puedan informarse y mantener informados a los ciudadanos del trabajo que se desarrolla en la Alcaldía. Esto es, coartando el ejercicio de sus funciones como concejales”.

De feito, a sentenza desmonta todas as alegacións realizadas polo equipo de Goberno do PP de Trazo, cuestionando por exemplo que se permita a saída de documentación orixinal do Concello e non se permita o seu exame aos concelleiros, ou que se alegue que non se dispón da documentación cando “de la declaración de la Secretaria del Ayuntamiento resulta que esa documentación no salió del Ayuntamiento, por lo que no existía motivo en la demora de la exhibición, lo que indica una actitud obstruccionista del Alcalde a la actividad de la concejal”.

Obstruccionismo constante 
Beatriz Domínguez considera que “esta sentenza corrobora o que os socialistas levamos anos advertindo: que dende o Concello de Trazo se está actuando de mala fe co único fin de entorpecer o noso labor como oposición, cando somos os lexítimos representantes escollidos polo pobo de Trazo”. Unha situación que obrigou aos Socialistas de Trazo a ter que solicitar o amparo do Valedor do Pobo en varias ocasións ao longo dos últimos anos.

Que o atraso se producira co PXOM é especialmente grave pois a negativa do alcalde tivo lugar xusto antes das eleccións municipais, impedindo así que o grupo municipal socialista puidera ter acceso a un documento fundamental para o futuro do municipio.

Ademais de entorpecer o acceso da oposición á documentación do PXOM, os socialistas lembran que o Concello de Trazo está tamén a demorar a entrega das actas das Xuntas de Goberno Local. Domínguez lembra que “nun Concello como Trazo, con plenos cada tres meses, o noso labor baséase case exclusivamente na fiscalización e revisión das actas das Xuntas de Goberno, ás que só asisten concelleiros do Partido Popular. Enviar as actas cunha demora de entre 3 ou 4 meses incumpre o artigo 113b do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (R.O.F.), que establece un prazo máximo de 10 días. “O único que se nos ocorre para esta actitude é que o señor Dafonte lle ten medo á transparencia e a que os veciños coñezan a súa pésima e nula xestión á fronte do Concello de Trazo”.

Psoe Trazo - Despilfarro e abuso no pleno de organización

O Partido Socialista de Trazo cualifica de despilfarro e abuso o réxime de dedicacións exclusivas e parciais fixado unilateralmente polo alcalde Xosé Dafonte e o seu grupo para os próximos catro anos, que supoñen incrementar o gasto nun 10,49% con respecto á lexislatura anterior, cando xa se subiran os soldos outro 14%. “É unha vergoña que a primeira medida do señor Dafonte sexa incrementarlle o soldo aos seus nun 10,4% cando o PP leva catro anos de recortes baixo a bandeira do aforro e da contención do gasto nos municipios”, explica a voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez.

Os concelleiros socialistas votaron en contra da proposta do Partido Popular ao considerar que “é unha esaxeración, un malgasto e un abuso que nun concello de apenas 3.500 habitantes e na actual situación de crise económica os concelleiros do PP vaian cobrar por unha hora de traballo máis do dobre do que cobra un traballador co salario mínimo interprofesional por todo un día de traballo”, critica Domínguez Siaba. 

Así mesmo, consideran que os 40.000 euros brutos que cobrará Xosé Dafonte “non é aceptable, por moito que recoñecemos que é legal”. Os socialistas de Trazo preguntáronlle ao alcalde se era certo o que se incluía na documentación do pleno, que indicaba que o Concello de Trazo asumiría “o gasto polos conceptos sociais que correspondan á Corporación en tal réxime, continuando de alta no réxime xeral da Seguridade Social”. “Supoño que causaría baixa e agora cause alta”, preguntou a voceira municipal socialista quen, ante a ausencia de resposta anunciou que solicitará un informa expreso da legalidade desta medida.

Moitos cartos por pouco traballo
Os socialistas consideran desproporcionadas as dedicacións parciais de 350 euros mensuais, en 14 pagas, fixadas para os concelleiros do Partido Popular por traballar tan só 8 horas ao mes. É dicir, que os concelleiros do PP de Trazo cobrarán 43,3 euros por cada hora de traballo, xa que Dafonte decidiu subirlles a cada un 50 euros ao mes fronte á lexislatura anterior. Así mesmo, o alcalde fixou unha dedicación parcial de 650 euros para a concelleira de Servizos Sociais por unha dedicación de tan só 15 horas mensuais. 

“Esta concelleira cobrará por 15 horas de traballo máis que os dous grupos da oposición en todo un ano. É un agravio comparativo”, denuncia Beatriz Domínguez, quen critica “a falta de talante democrático dun alcalde que elimina sesións plenarias agochándose na escusa do aforro económico pero despois lles sube un 10% o soldo aos seus compañeiros de partido”. De feito, o custe do Goberno de Dafonte para esta lexislatura será o máis elevado da historia do Concello de Trazo: 298.400 euros 

Medidas antitransparencia
A voceira municipal socialista reiterou as súas críticas á decisión unilateral do PP de eliminar dúas sesións plenarias do ano. “O pleno é o órgano no que están representados todos os veciños, tanto os que votaron ao PP como os que optaron por outras opcións políticas. Cando Dafonte elimina dúas sesións plenarias ao ano está buscando dificultar aínda máis o noso labor como oposición, Gobernar por decreto e evitar dar conta da súa nefasta xestión”, sinala Beatriz Domínguez.

Os socialistas consideran unha hipocresía absoluta que Dafonte se escude na crise económica para eliminar estas sesións plenarias, nas que o pago por asistencia é de 50 euros por concelleiro. Unha medida legal pero que só suporá un aforro de 300 euros anuais cando a lei tamén permite a non constitución da Xunta de Goberno Local, como piden os socialistas. “Iso si suporía un verdadeiro aforro, pois nela os concelleiros do PP van cobrar 150 euros por cada sesión. Dúas, inicialmente, pero que moitas veces chegan a ser tres ou catro”, denuncia a voceira municipal socialista. Non constituir a Xunta de Goberno Local nas condicións nas que fixa Dafonte suporía un aforro mínimo de 43.200 euros esta lexislatura, fronte aos 1.200 euros de aforro que supón a eliminación das sesións plenarias.

Por último, os socialistas votaron en contra do nomeamento de José Liste Calviño como representante do Concello de Trazo no colexio de Viaño. “Pensamos que hai xente moito máis cualificada dentro do propio PP para desempeñar esa función, sobre todo cando se designa a unha persoa que apenas está polo municipio para ser quen leve algo tan importante como a educación dos nosos nenos e nenas”, advirte a concelleira socialista.

BNG Trazo - Sobre o leno de organización e a actitude do alcalde

Mediante este comunicado desde o BNG de Trazo queremos transmitir o esperpento que onte tivemos que vivir no Pleno extraordinario de Organización no que foi o noso primeiro Pleno con contido real (despois do de investidura) tras varias lexislaturas sen representación no Concello. A actitude do Alcalde deixou moito que desexar, aproveitándose da súa maioría absoluta (8 PP, 2 Psoe e 1 BNG) para aprobar todo sen responder nin valorar as preguntas e as propostas da oposición, chegando incluso a burlarse, e rematando co que foi un bo resumo de todo o Pleno:

- Non vai responder ás miñas preguntas? (Martín Rei ­ BNG)

- Por suposto que non! (José Dafonte ­ Alcalde ­ PP)

A proposta do Partido Popular foi moi clara, vetar o papel da oposición a 5 días por ano (4 Plenos e 1 Comisión) e sacar tallada a costa da veciñanza, tendo dedicacións que se pagan a 43€ por hora e Xuntas de Goberno cada 2 semanas a 150€ (fronte a Plenos e Comisións, onde tamén estamos a oposición, que se pagan a 50€).

Tal é o empeño en deixar sen voz á oposición que comete ilegalidades ao non aplicar a lei 5/97 de Administración Local de Galiza na periodicidade dos Plenos (que segundo indica a lei é como mínimo de 1 cada 2 meses e en Trazo o PP establece 1 cada 3 meses), lei que si menciona cando de crear a Xunta de Goberno se trata.

En moitas ocasións as peticións que fixemos do BNG foron fórmulas de publicidade (como a gravación dos Plenos) ou a igualdade de sexo nos distintos órganos como a Xunta de Goberno ou a Comisión Informativa, se ben como dicimos o Pleno veu marcado pola negativa mecánica do Alcalde, botando abaixo calquera proposta da oposición sen ningunha xustificación (aínda que se lle pediu que a dera) e limitándose unicamente a votar. Se ben cabe destacar 2 pequenos momentos de tensión e discusión no que o Alcalde nos retirou a palabra:

1º: no punto 3, sobre a periodicidade do Pleno, quixemos solicitarlle á Secretaria que constara na acta que xa citaramos a lei que estaban a incumprir e que estaban a facer caso omiso conscientemente, que non nos deixou expresar alegando que non había quenda de réplica.

2ª: tras no punto 9 (nomeamento de Tenentes de Alcalde e concellarías) rematar, unha vez máis, incidindo na importancia da paridade de sexos (xa que na Xunta de Goberno e nas Comisión só propuxeron homes) tivemos que soportar a burla do Alcalde ríndose da nosa proposta de buscar a igualdade entre sexos nos distintos órganos de goberno. En vista disto e de que non permite absolutamente ningunha réplica nin comentario agardamos ao seguinte punto no que ao final quixemos rematar transmitindo o noso malestar por burlarse ante un asunto tan grave como é o machismo e entre berros quitounos a palabra sen deixarnos rematar a nosa quenda.

Agardamos que o resumo deste acto que malamente pode levar o nome de “Pleno” sexa do seu interese e o recollan para que a veciñanza de Trazo poida coñecer esta situación, na que con todas as boas intencións de traballar por Trazo nos presentamos a unhas eleccións e agora nos atopamos practicamente amordazados. Poden ampliar información co resumo das propostas do Partido Popular así como con todas as nosas intervencións consultando a nosa páxina web http://bng.gal/trazo/2015/07/06/pleno­extraordinario­de­organizacion­do­concello­de­trazo/ e por suposto consultándonos.

Psoe Trazo - O alcalde presume dunha sentencia que recoñece que actuou de forma ilegal

Ante as acusacións realizadas polo alcalde de Trazo, Xosé Dafonte, contra os concelleiros socialistas por mor da sentenza da sala do penal do Tribunal Supremo, a Agrupación Socialista de Trazo quere manifestar:

- A Agrupación Socialista de Trazo acata a sentenza xudicial e amosa a súa sorpresa por que Dafonte presuma publicamente dun procedemento xudicial onde tanto a Audiencia Provincial da Coruña como o propio Tribunal Supremo consideran probado que o alcalde de Trazo cometeu unha ilegalidade manifesta: o pago dunha obra que non estaba feita. 

- Ambas sentencias xudiciais sinalan que a absolución do señor Dafonte nada ten que ver coa súa inocencia, pois consideran feitos probados que o alcalde de Trazo actuou de forma ilegal. Textualmente, a absolución baséase en “deficiencias de la instrución que hubieran podido dar entrada a potenciales elementos indiciarios”. Dito noutras palabras, a absolución de Dafonte provén dun erro da Fiscalía á hora de cualificar o ilícito penal: pois o acusou de falsidade documental cando a denuncia inicial era por malversación e falsidade documental. De feito, ambas sentenzas apuntan que o alcalde de Trazo podería ter cometido unha malversación de caudais públicos, pero para poder condenalo por este delito sería preciso que o fiscal tivera cualificado os feitos desta maneira. Unha cualificación que si fixo o PSOE de Trazo na súa denuncia inicial, pero que a Fiscalía decidiu obviar na tramitación da causa.

- O que é indiscutible, e así o ten confirmado a Xustiza, é que de non ser pola denuncia dos Socialistas de Trazo non se tería construído o graderío de Campo. Neste sentido, os socialistas lembran que o alcalde aínda non respondeu nin diante do xuíz nin diante dos veciños e veciñas de Trazo por que pagou unha obra que non estaba feita e a onde ían ir eses cartos. 

- Os Socialistas de Trazo non admitimos leccións de ética de alguén que presume de non ter sido condenado cando o propio Tribunal recoñece que actuou de forma ilegal. Os Xulgados reafirmaron algo que todos os veciños e veciñas de Trazo saben: que o alcalde utiliza o Concello como se fose a súa leira particular, utilizando de forma irregular os cartos de toda a veciñanza. 

- Os Socialistas de Trazo seguiremos desempeñando o noso labor de oposición, tal e como nos teñen encomendado os veciños e veciñas de Trazo co seu voto, para que as actuacións do alcalde respondan a criterios de legalidade. E farémolo a pesar das trabas e continuas irregularidades que comete o señor Dafonte para dificultar o noso traballo, como son non entregar as actas da Xunta de Goberno (á que non ten acceso a oposición e que son a única forma de coñecer o que se decide nelas) ou impedir o acceso á documentación municipal por parte dos concelleiros e concelleiras socialistas. Un labor que hoxe é máis necesario ca nunca, sobre todo cando a Xustiza ten acreditado que Trazo conta cun alcalde que, despois de máis de dúas décadas no cargo, afirma ante o xuíz que non sabe que as facturas deben pagarse despois de que as obras estean feitas.

- Por último, a Agrupación Socialista de Trazo respalda a actuación realizada polos seus concelleiros do grupo municipal socialista de Trazo e aplaude o traballo que realizan a prol dos veciños e veciñas do municipio.

BNG Trazo - Presentación candidatura

O BNG-Asembleas Abertas de Trazo presenta a súa candidatura este domingo, 17 de maio, nun acto público ás 18:00h no Centro Social de Viaño Pequeno (antiga casa consistorial). No acto intervirá Ana Pontón, deputada no Parlamento Galego, ademais de Martín Leis, cabeza de lista e a número dous da candidatura, Lucía Noya. No transcurso do mesmo ademais de presentar aos membros da candidatura explicarán as principais propostas da candidatura para o Concello de Trazo.

Desde o BNG-AA de Trazo teñen como ideas claves na súa proposta para o goberno do Concello construír un goberno para todos e todas no que a veciñanza participe máis alá dunha vez cada catro anos; un concello activo que promova os seus sectores produtivos; un concello no que vivir e gozar cun programa cultural e deportivo que o manteña vivo; ao servizo da xente para o cal crearán e recuperarán servizos necesarios e actividades para a veciñanza; e un concello que tome como puntos claves e vitais a sanidade e as infraestruturas.

Para iso, para levar a cabo un programa con eses eixes básicos, presenta unha candidatura renovada, que combina xuventude e experiencia e que ten ganas, ilusión e forza para transformar o concello.

A candidatura é a seguinte:

1. MARTÍN REI LEIS. 24 anos. Rematando enxeñería de Obras Públicas e ciclo de imaxe.
2. LUCÍA NOYA CASAS. 23 anos. Está na Asociación Cultural A Aldraba de Trazo, así como no grupo de Investigación (GEXAFD - Grupo de Estudos de Xénero da Actividade Física e Deportiva) da súa Facultade (INEF) e na Asociación de Estudantes de Educación Física de dita Facultade (AESEF).
3. XOSÉ MARÍA FERNANDEZ PIÑEIRO. Hostaleiro
4. CÉSAR BOQUETE VARELA. 37 anos. Carpinteiro autónomo. Mestre de percusión na Asociación Cultural Brisas do Quenllo
5. VANESA REY LEIS. 26 anos. Diplomada en enfermaría con mestrado en atención sanitaria, xestión e coidados. Actualmente parada.
6. ROBERTO BARRAL NOYA
7. CRISTINA CASTELAO DE LA FUENTE
8. IVÁN PORTOS BALSA
9. MARÍA BEATRIZ GONTA SOBRINO
10. MARISOL PEREZ OTERO
11. CARLOS BOQUETE SÁNCHEZ

BNG Trazo - Presentación da candidatura

O BNG-Asembleas de Trazo presenta a súa candidatura mañá, venres 8 de maio, nun acto público ás 21:00h no Centro Social de Viaño Pequeno (antiga casa consistorial). No acto intervirá Ana Pontón, deputada no Parlamento Galego, ademais de Martín Leis, cabeza de lista e a número dous da candidatura, Lucía Noya. No transcurso do mesmo ademais de presentar aos membros da candidatura explicarán as principais propostas da candidatura para o Concello de Trazo.

Desde o BNG de Trazo teñen como ideas claves na súa proposta para o goberno do Concello construír un goberno para todos e todas no que a veciñanza participe máis alá dunha vez cada catro anos; un concello activo que promova os seus sectores produtivos; un concello no que vivir e gozar cun programa cultural e deportivo que o manteña vivo; ao servizo da xente para o cal crearán e recuperarán servizos necesarios e actividades para a veciñanza; e un concello que tome como puntos claves e vitais a sanidade e as infraestruturas.

Para iso, para levar a cabo un programa con eses eixes básicos, presenta unha candidatura renovada, que combina xuventude e experiencia e que ten ganas, ilusión e forza para transformar o concello.

A candidatura é a seguinte:

1. MARTÍN REI LEIS. 24 anos. Rematando enxeñería de Obras Públicas e ciclo de imaxe.

2. LUCÍA NOYA CASAS. 23 anos. Está na Asociación Cultural A Aldraba de Trazo, así como no grupo de Investigación (GEXAFD - Grupo de Estudos de Xénero da Actividade Física e Deportiva) da súa Facultade (INEF) e na Asociación de Estudantes de Educación Física de dita Facultade (AESEF).

3. XOSÉ MARÍA FERNANDEZ PIÑEIRO. Hostaleiro

4. CÉSAR BOQUETE VARELA. 37 anos. Carpinteiro autónomo. Mestre de percusión na Asociación Cultural Brisas do Quenllo

5. VANESA REY LEIS. 26 anos. Diplomada en enfermaría con mestrado en atención sanitaria, xestión e coidados. Actualmente parada.

6. ROBERTO BARRAL NOYA

7. CRISTINA CASTELAO DE LA FUENTE

8. IVÁN PORTOS BALSA

9. MARÍA BEATRIZ GONTA SOBRINO

10. MARISOL PEREZ OTERO

11. CARLOS BOQUETE SÁNCHEZ

BNG Trazo _ candidatura para as municipáis

Mocidade, compromiso, forza e moitas ganas de traballar para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do concello son os sinais de identidade das persoas que configuran o primeiro tramo da candidatura do BNG de Trazo, que encabezará Martín Rei Leis. Canda el, Lucía Noia, de 23 anos, ocupa o segundo posto, seguida de Xosé Mª Fernández, de 44 anos; Cesar Boquete, de 37 anos e Vanesa Rei de 26 anos.

Martín Rei Leis, aos seus 24 anos, está a piques de rematar os estudos de enxeñería de Obras Públicas e o ciclo de imaxe. Para este mozo cheo de ilusión e de ganas de dalo todo polo seu concello, o máis salientábel deste primeiro tramo xa ratificado pola asemblea local é que se trata dunha candidatura renovada mais tamén nova, composta por persoas, homes e mulleres, que se presentan co “firme compromiso de transformar Trazo para que, dunha vez por todas, se abra ás veciñas e veciños apostando por priorizar, en todas as políticas municipais, as necesidades das persoas e non outras”.

Rei entende que é “vital” escoitar e atender as demandas das asociacións veciñais, culturais e deportivas, e recuperar o dinamismo económico local promovendo os sectores produtivos do concello, desde o comercio ou o turismo, até o agropecuario.

Transparencia absoluta
Para o BNG de Trazo é imprescindíbel que muden radicalmente as formas de gobernar. “As veciñas e os veciños teñen dereito a estar informados en todo momento para poder contribuír na construción dun concello mellor”. Por iso asegura que o Bloque dará conta, polo miúdo, de toda canta decisión se tome, “do que pasa no concello, cando son os plenos ou en que se está a gastar o diñeiro”.

O BNG denuncia que hai moitos servizos infrautilizados ou que desaparecen simplemente por non informar debidamente dos mesmos, como por exemplo das liñas de bus con Compostela. Fronte a isto, “queremos dotar a Trazo daqueles servizos que as veciñas e veciños consideren necesarios para facer uso deles”.

Entre os servizos que consideran esenciais o BNG salienta os centros de saúde. Neste sentido aposta por que se inclúan no PAC de Santiago, para que a veciñanza non teña que trasladarse a Ordes e demanda un Centro de Día. Respecto doutras infraestruturas subliña que “Trazo non precisa unha autoestrada, mais si que se conserven e amañen as estradas e a sinalización existente”.

Lindeiros - Acusan o concello de Trazo de apropiarse da idea dun concurso fotográfico

Chéganos unha denuncia, unha vez máis relacionada co concelo de Trazo, na que se explica que o concello apropiuse dunha idea presentada e tempo en forma; a misión dos concellos debería ser colaborar cos veciños e máis ainda cando estes non buscan máis beneficio que o do común do pobo. Este e o relato dos feitos e para os que aportan abudantes probas:


Escrito no que se rexeita a idea
O día 16 de marzo Paula Castiñeiras e Martín Rei,veciñxs de Trazo, e a produtora Terceira Idea (produtora da que participa o tamén veciño de Trazo Stefan Varela), presentaron no seu concello unha proposta debidamente estruturada para a organización dun concurso fotográfico co único propósito de promocionar esta afección entre os seus veciños e veciñas.

A proposta foilles denegada por falta de presuposto para a realización da mesma (300€ para premios e carteis, sen ningún beneficio para a organización) e recibiron unha contestación indicando que lles parecía moi boa idea pero que non se dispoñía no momento de partida orzamentaria suficiente para a realización da mesma.

No día de onte foi anunciada no Facebook do Concello de Trazo a organización dun concurso fotográfico (ligazón da nova https://www.facebook.com/concello.trazo/photos/a.870676239666723.1073741826.87067 6166333397/885597501507930/?type=1&theater ) ás costas da xente que tivo a idea, presentando ademais un concurso trapalleiro xa que o único criterio no concurso é a cantidade de “gústames”.

Isto non é nada novo, mais ben é unha práctica habitual do Alcalde José Dafonte Varela (PP) que aproveita calquera iniciativa por moi ben intencionada que sexa a mesma para facela propia e despois pedir o voto como xa ten sucedido coa organización dunha ruta de sendeirismo por parte da asociación Senda Nova (aquí podedes ver un pequeno comentario sobre o sucedido https://sendanova.wordpress.com/2013/05/18/a­forza­da­sonia­por­jose­manuel­canedo/ ) ou a iniciativa de Lucía Noia e Loli chamada “Creacontos”, un proxecto destinado a nenas e nenos que pretendía combinar teatro e creación de contos ao mesmo tempo que se fomentaba a lectura e se lle daba vida á actualmente en desuso biblioteca municipal, tamén denegada e usada dous meses despois como propia por parte do alcalde.
CARTEL DO CONCURSO ORGANIZADO POLO CONCELLO

Hai uns meses Dafonte tivo un xuízo por falsidade documental no que puxo como escusa que non lee o que asina, quizais non le as propostas da veciñanza ou igual é que dentro dun mes hai eleccións e non ten ningunha actividade que vender.

BNG Trazo - Martín Rei Leis encabezará a candidatura do BNG no concello

Mocidade, compromiso, forza e moitas ganas de traballar para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do concello son os sinais de identidade das persoas que configuran o primeiro tramo da candidatura do BNG de Trazo, que encabezará Martín Rei Leis. Canda el, Lucía Noia, de 23 anos, ocupa o segundo posto, seguida de Xosé Mª Fernández, de 44 anos; Cesar Boquete, de 37 anos e Vanesa Rei de 26 anos.

Martín Rei Leis, aos seus 24 anos, está a piques de rematar os estudos de enxeñería de Obras Públicas e o ciclo de imaxe. Para este mozo cheo de ilusión e de ganas de dalo todo polo seu concello, o máis salientábel deste primeiro tramo xa ratificado pola asemblea local é que se trata dunha candidatura renovada mais tamén nova, composta por persoas, homes e mulleres, que se presentan co “firme compromiso de transformar Trazo para que, dunha vez por todas, se abra ás veciñas e veciños apostando por priorizar, en todas as políticas municipais, as necesidades das persoas e non outras”.

Rei entende que é “vital” escoitar e atender as demandas das asociacións veciñais, culturais e deportivas, e recuperar o dinamismo económico local promovendo os sectores produtivos do concello, desde o comercio ou o turismo, até o agropecuario.

Transparencia absoluta
Para o BNG de Trazo é imprescindíbel que muden radicalmente as formas de gobernar. “As veciñas e os veciños teñen dereito a estar informados en todo momento para poder contribuír na construción dun concello mellor”. Por iso asegura que o Bloque dará conta, polo miúdo, de toda canta decisión se tome, “do que pasa no concello, cando son os plenos ou en que se está a gastar o diñeiro”.

O BNG denuncia que hai moitos servizos infrautilizados ou que desaparecen simplemente por non informar debidamente dos mesmos, como por exemplo das liñas de bus con Compostela. Fronte a isto, “queremos dotar a Trazo daqueles servizos que as veciñas e veciños consideren necesarios para facer uso deles”.

Entre os servizos que consideran esenciais o BNG salienta os centros de saúde. Neste sentido aposta por que se inclúan no PAC de Santiago, para que a veciñanza non teña que trasladarse a Ordes e demanda un Centro de Día. Respecto doutras infraestruturas subliña que “Trazo non precisa unha autoestrada, mais si que se conserven e amañen as estradas e a sinalización existente”.

Psoe Trazo - O Psoe pide o amparo do Valedor do Pobo

O PSOE de Trazo solicita o amparo do Valedor do Pobo ante os continuos atrasos e dificultades no acceso á información por parte do alcalde

Beatriz Domínguez asegura que “dende o Concello de Trazo se está actuando de mala fe co único fin de entorpecer a labor da oposición”

O Concello de Trazo está a incumprir sistematicamente a lei ao atrasar ata 4 meses a entrega das actas das Xuntas de Goberno Local, cando o ROF especifica que ten que facerse nun prazo de 10 días

O grupo municipal socialista de Trazo vén de solicitar o amparo do Valedor do Pobo ante os continuos atrasos e dificultades no acceso á información municipal postos por parte do alcalde, Xosé Dafonte. Os concelleiros Beatriz Domínguez e Javier Castiñeiras veñen de presentar unha solicitude diante do Valedor do Pobo na que solicitan “que se leven a cabo todas aquelas actuacións para poñerlle fin a esta situación anormal e erradicar o modo en que se trata dende o Goberno municipal aos membros da oposición, lexítimos representantes escollidos polo pobo de Trazo”.

A solicitude está acompañada de numerosa documentación que acredita as constantes dilacións do señor Dafonte á hora de facilitar a información que se lle require e á que legalmente teñen dereito os concelleiros socialistas. O último exemplo foi a petición de acceso a unha documentación sobre as obras da travesía de Lengüelle e ao Rexistro de Entrada e Saída do Concello, presentada en outubro de 2014, reiterada en novembro de 2014 e que o Concello de Trazo autoriza para o 16 de febreiro de 2015. É dicir, 4 meses despois da solicitude.

Incumprimento da lei
A voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez, considera que “dende o Concello de Trazo se está actuando de mala fe co único fin de entorpecer o noso labor como oposición”. Un exemplo sintomático é que as actas das Xuntas de Goberno Local se están enviando aos concelleiros da oposición cunha demora de entre tres e catro meses, incumprindo así o artigo 113b do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (R.O.F.), que establece un prazo máximo de 10 días.

“O non facilitar as actas das Xuntas de Goberno Local ata pasados 120 días da súa celebración demostra unha vez máis a forma caciquil e pouco transparente de gobernar por parte do señor Dafonte, que trata de ocultar a información sobre o seu xeito de gobernar porque é precisamente nesas actas onde quedan reflectidos cuestións como as aprobacións de pagos, licenzas, subvencións, acordos, etc”, lembra Domínguez Siaba. A voceira municipal socialista pregúntase por que o señor Dafonte se empeña ano tras ano en dificultar o lexítimo labor de oposición do PSOE de Trazo: “a resposta non pode ser outra que o medo que o señor Dafonte lle ten á verdade e á transparencia, o medo que ten a que os veciños coñezan a súa pésima e nula xestión á fronte do Concello de Trazo”.

Así mesmo, Beatriz Domínguez lembra que “nun Concello pequeno como o de Trazo, con sesións plenarias cada tres meses, o noso labor como oposición baséase case exclusivamente na fiscalización e revisión das actas das Xuntas de Goberno, as cales chegan tarde, mal e a rastras”. Unha situación que se vén producindo dende hai varios anos pero que se ten agudizado dende o ano 2012.

Psoe Trazo - A prepotencia do alcalde impide que as propostas socialistas cheguen o pleno

O PSOE de Trazo critica a prepotencia e desidia do alcalde, que nin se molestou en levar ao pleno a proposta socialista para o POS 2015 

Os socialistas presentaran en tempo e forma unha escolma dos proxectos máis demandados polos veciños e veciñas de Trazo 

O grupo municipal socialista de Trazo critica “a prepotencia e a desidia do alcalde Xosé Dafonte, que nin se molestou en levar ao pleno a proposta de obras presentada polos socialistas para o POS 2015”, denuncia a voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez. Os socialistas de Trazo lamentan que, un ano máis, “o señor Dafonte prefira ignorar as necesidades dos seus veciños” e critican especialmente que se destinen 36.000 euros para gasto corrente.

“Non deixa de ser chocante que o señor alcalde presuma de que ten un Concello saneado pero despois lles quite investimentos aos veciños para cubrir gasto corrente”, sinala Beatriz Domínguez. Pese a todo, os socialistas de Trazo votaron a favor da proposta presentada pola Alcaldía.

Proposta socialista
Os socialistas de Trazo presentaran sete actuacións seleccionadas entre as máis demandadas polos veciños e veciñas do municipio e que inclúen arranxo de pistas, saneamento, acondicionamento de centros sociais e melloras na seguridade viaria no municipio. Así, os socialistas de Trazo solicitaban un plan especial de sinalización viaria en todo o municipio, así como actuacións para mellorar a visibilidade nalgúns cruces debido ao pésimo estado de conservación tanto da sinalización vertical como horizontal, que poden causar calquera accidente de tráfico. Ademais, para mellorar a seguridade viaria dos peóns, o PSOE de Trazo tamén solicitaba algunha senda peonil nas parroquias e se melloren as beirarrúas en Viaño Pequeno e o Candendo (Campo).

En canto a mellora de estradas, os socialistas propoñían a mellora do vial A Noia-A Igrexa (por Costa de Cabra-Xavestre) e a ampliación dun camiño entre Combel de Abaixo (Xavestre) e o campo de tiro “Río Sar”. Ademais, solicitaban a mellora de dous camiños na parroquia de Campo: o asfaltado da pista San Pedro-Rosende e un bacheo con zahorra para a pista de Sartegos a Alargo. Finalmente, os socialistas pedían o saneamento das augas na Igrexa de Xavestre e o acondicionamento dos centros sociais das parroquias que máis o precisen, como é o caso de Restande.

Lindeiros - Según a sentenza Trazo pagou a factura dunha obra sen facer pero non se pode demostrar porque o fixo

A sentenza que absolve o alcalde de Trazo, José Dafonte, das acusacións de falsedad documental considera probados todos os feitos según a documentación aportada; que a Deputación concedeu unha subvención de máis de 18.000 €, que se encargou a obra a unha empresa, que o concello enviou un escrito firmado polo alcalde facendo constar que as obras estaban rematadas cando ainda non comenzaran e que a xunta de goberno autorizou o pago dunha factura a empresa por máis de 26.000 € sen que s obras estiveran realizadas pero que non se pode demostrar en todos estes feitos un delito.

Unha das pezas fundamentáis para concretar si existiu esa intencionalidade foi si o alcalde sabía ou non que as obras non estaban feitas, a este respecto a sentenza recoñece que é verosimil que o soubera pero non se pode demostrar "Así, se ha discutido si necesariamente tendría que saber el acusado que las obras no estaban realizadas, cual les parece obvio a las acusaciones por tratarse de un Ayuntamiento pequeño y ser más que posible la comprobación de un dato ostensible como la inexistencia de trabajos de cierta entidad en un campo de futbol, pero como resulta que el acusado negó conocer ese dato y varios testigos precisaron que esa posibilidad no puede descartarse, al menos debió constatarse cual era la exacta ubicación del lugar al menos con respecto al domicilio, lugares que frecuenta y lugar de trabajo de acusado, sobre todo porque una testigo aseguró de forma muy gráfica que el referido campo de futbol puede verse desde el despacho oficial del alcalde, cuestión que parece verosímil pero que no se ha contrastado". 
Por outra banda está o envío de documentación que acreditou a obra a Deputación pero a sentenza explica que no se sabe ben porque se enviou e que o propio organismo provincial recoñece que este tipo de cousas pasan as veces por problemas internos no seu funcionamento  "Más importante todavía sería precisar por cual razón se presentó la factura que se dice falsificada en el Ayuntamiento. Nadie parece saber nada de eso, ni cómo, ni cuando ni porqué esa factura llegó al ayuntamiento, pero en juicio el responsable de la emisión de esa factura aseguró que la pidieron desde el Ayuntamiento e identificó a la trabajadora que al parecer recibió esa petición a través del teléfono, datos que tampoco han podido contrastarse. Serían fundamentales para demostrar la intencionalidad del acusado y, sobre todo, para explicar la funcionalidad de las falsedades imputadas, pero no se ha hecho, de modo que no es
posible sino formular hipótesis sobre la referida funcionalidad.
En el terreno de las hipótesis nada cabe deducir del testimonio de una de las denunciantes que se limitó a los términos de su denuncia y refirió ambiguamente que cosas así pasaban en el Ayuntamiento de Trazo, pero parece más esclarecedor el testimonio de quien instruyó un expediente sancionador desde la Diputación Provincial al Ayuntamiento. De su testimonio quedaron claros dos datos. Uno de ellos
se infiere de lo actuado, es decir que nadie comprueba la realidad de la realización de las obras subvencionadas cuando se trata de las denominadas obras menores, de modo que puede percibirse la subvención sin que se realicen y otro dato es
que tienen en la Diputación la percepción de la existencia de 
ciertas disfuncionalidades en ese sentido."
A sentenza fai referenza tamén as acusación sobre malversación de fondos pero considera que non hai indicios que podan demostrar eses feitos e que polo tanto non se poden valorar esas acusacións. Hai que lembrar en todo esto que a construcción dos graderíos comezou no momento en que a denuncia do Psoe de Trazo chegou o xuzgado pero nadie pode garantizar que iso fora a suceder si non se chega a presentar. En todo caso a absolución xudicial do alcalde, que será novamente candidato nas municipías do 2015, non evita a mostra de desorganización que existe en moitos concellos e , especialmente, na Deputación da Coruña na que un 25 % das obras, segúndo as declaración no xuizo, páganse sen que esten comezadas ou rematadas, unha cuestión para a que se debería dar unha resposta crible por parte dos responsables. 
O que tamén resulta evidente e que si nun concello de 3.000 habitantes págase unha factura de 26.000 € sen que a obra comezase existe un probema de xestión que só se pode achacar os responsables políticos, na casa cando nos arranxan a lavadora a probamos antes de pagar e aquí so se tiña que levantarse da xunta de goberno e dar un paseiño de 5 minutos para saber si podían pagar a factura ou non.


PP TRazo - José Dafonte satisfeito coa sentencia sobre as obras do graderío

El alcalde de Trazo se muestra “satisfecho” tras salir absuelto del delito de falsedad documental 
· José Dafonte Varela asegura que siempre tuvo la “conciencia tranquila” y agradece las muestras de apoyo recibidas durante estos meses por parte de sus vecinos y de la dirección provincial del PP
· “Ahora toca pasar página y hacer lo que he hecho siempre: trabajar por mis vecinos”, concluye Dafonte

El alcalde de Trazo, José Dafonte Varela, ha mostrado hoy su satisfacción tras conocer la sentencia de la Audiencia Provincial de A Coruña que lo absuelve del delito de falsedad documental del que había sido acusado por parte del grupo municipal socialista. 

La sentencia considera probado que no existe dolo falsario en la actuación de Dafonte, quien defendió en la vista oral que no sabía si las obras de un graderío en el campo de fútbol de Campo estaban finalizadas o no cuando firmó la factura.

“Siempre he tenido la conciencia tranquila porque nunca he actuado de mala fe”, aseguró el alcalde, quien agradeció el “apoyo” mostrado por parte de los vecinos de Trazo y el “respaldo absoluto” que ha recibido por la dirección provincial del Partido Popular, quien lo ha confirmado en las últimas semanas como candidato para las próximas Elecciones Municipales.

En este sentido, Dafonte aseguró que lo que toca ahora es “pasar página” y centrarse en lo verdaderamente importante, que es trabajar por y para que el Ayuntamiento de Trazo pueda seguir “avanzado” hacia un “futuro mejor”.

“Lo único que he hecho es trabajar por mis vecinos, y eso es lo que seguiré haciendo a partir de ahora”, concluyó el regidor, que pidió al grupo municipal socialista una “oposición responsable”.

Psoe Trazo - O Psoe descobre que os planos do Pxom aprobados en xullo non son os expostos o público

O PSOE de Trazo evita que a incompetencia e deixadez do alcalde Xosé Dafonte volva deixar os veciños sen Plan Xeral

Trazo celebrou un pleno extraordinario a instancias dos socialistas xa que o PP presentara e aprobara en solitario en xullo un PXOM que non se correspondía co que se estaba a expoñer ao público 

Beatriz Domínguez afirma que “o único responsable desta chapuza é o señor Dafonte, que non fai o seu traballo e debería ter a dignidade de marcharse e deixar a alguén do seu grupo que poida traballar por Trazo” 

O pleno municipal do Concello de Trazo celebrou onte xoves unha sesión extraordinaria para rectificar os erros cometidos polo alcalde Xosé Dafonte e o Grupo de Goberno do Partido Popular durante a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Trazo o pasado 18 de xullo, que o PP aprobara en solitario. Unha sesión celebrada a instancias do PSOE de Trazo, quen detectou que os documentos aprobados inicialmente polo Pleno Municipal en xullo non se correspondían cos que se estaban a expoñer ao público durante estes días. 

Os socialistas de Trazo advertiron das irregularidades aos técnicos do Concello de Trazo de cara a tratar de buscar unha solución que garantise o respecto á legalidade vixente e non atrasase máis un Plan Xeral que xa acumula case unha década de atrasos por mor da deixadez do alcalde Xosé Dafonte. A voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez, explica que “Dafonte volveu demostrar unha vez máis a súa incompetencia, a súa irresponsabilidade e que non fai o traballo polo que se lle paga, xa que é o único culpable desta chapuza nun dos documentos fundamentais para o futuro dos veciños e veciñas de Trazo”.

Neste sentido, Domínguez manda unha mensaxe de tranquilidade aos veciños xa que “o único que vai pasar agora é que teremos que iniciar de novo a tramitación, polo que disporán de dous meses máis para coñecer este PXOM e presentar as alegacións precisas que o enriquezan”. Así mesmo, explica que os socialistas de Trazo tomaron esta iniciativa “pensando no benestar dos veciños xa que, de non ter corrixido os erros agora, poderíamos atopar con que Trazo volvería a quedar sen Plan Xeral por culpa da deixadez do señor Dafonte”.


Petición de dimisión
A voceira municipal socialista considera que “o único responsable desta chapuza é o señor Dafonte, que demostra unha vez máis que non está capacitado para seguir á fronte do Concello polo que lle pedimos que teña a dignidade de marcharse e deixar a Alcaldía en mans de alguén do seu grupo que poida traballar polos veciños e veciñas de Trazo”. Domínguez critica que “non é de recibo que os concelleiros da oposición, que non temos soldo ningún por parte do Concello, teñamos que facerlle o traballo ao señor Dafonte porque é demasiado incompetente ou demasiado vago como para facer o traballo polo que é un dos alcaldes mellor pagados da provincia”.

Así mesmo, os socialistas tamén chaman a atención sobre a ausencia no pleno de onte dos dous tenentes de alcalde, Xosé Liste e Manuel Antonio Castiñeiras Sánchez, quen non asistiron á aprobación dun dos documentos máis importantes para o próximo futuro do Concello de Trazo.

Elaborado sen ter en conta a ninguén
Na sesión plenaria de onte xoves os socialistas votaron a favor da corrección dos erros do PXOM pero reiteraron o seu rexeitamento ao Plan Xeral ao asegurar que “estas irregularidades cometidas polo señor Dafonte demostran que tiñamos razón cando denunciamos que o PXOM foi elaborado sen ter en conta a ninguén, pois nin o alcalde nin os concelleiros do PP sabían o que estaban aprobando”. Así mesmo, Domínguez critica a actitude do alcalde, “que sae nos medios de comunicación criticando a actuación dos concelleiros socialistas cando, ao final, tivemos que ser nós quen fixemos o seu traballo”.

Neste sentido, a voceira socialista considera que “os veciños de Trazo deben saber que teñen un alcalde que non só é incompetente, senón que nin sequera fai o traballo polo que se lle paga. O señor Dafonte debería ter a dignidade de marchar e deixar de prexudicar os veciños e veciñas de Trazo pois calquera concelleiro do PP que quede na Alcaldía non o pode facer peor ca el”.