A Deputación da
Coruña aprobou dúas obras de gran importancia para Melide no seu último pleno.
·
O último pleno da Deputación
da coruña aprobáronse dúas obras de gran importancia para Melide, o saneamento
da rúa Antonio Ponte Rodríguez, e un segundo proxecto, o asfaltado de varias
pistas do rural.
·
Estas dúas obras atenden a
dúas demandas dos veciños e veciñas da vila tanto no casco urbano como no
rural, sendo de especial necesidade atendelas.
Melide, 19 de maio de 2012.- O
organismo provincial ven de aprobar no último pleno dúas obras de gran
importancia para Melide. Unha delas é o saneamento da rúa Antonio Ponte
Rodríguez, que conta cun orzamento de 30.000 € para acometer o saneamento nesta
área urbana, necesidade moi demandada polos veciños e veciñas da zona xa que
non contaba con abastecemento de augua corrente e saneamento de augas fecais e
pluviais. Por outra parte, tamén se aprobou un proxecto que engloba o asfalto
de varias pistas por un importe de 142.258,00 € e que comprende dous viais na
parroquia de Golán e asfaltados na parroquia de Santalla de Agrón. Deste xeito
satisfaise a demanda de moitos veciños e veciñas para o arranxo das pistas do
rural moitas das cales se atopan nun estado lamentable. Para o equipo de
gobernó é prioritario ter uns bos servizos no rural o que comprende un axeitado
coidado das infraestructuras da comunicación no rural melidense.

Ningún comentario:
Publicar un comentario