O pavillón de Bertamiráns acolle este sábado o acto de clausura das escolas deportivas municipais
Nesta
edición son arredor de 1.400 persoas as que acoden todas as
semanas
ás actividades das escolas deportivas. O servizo municipal
das
escolas deportivas atende a preto de 800 nenos e nenas.
Mentres que
nas actividades deportivas dirixidas aos adultos participan
arredor
de 600 persoas.
No
acto de clausura iranse intercalando as exhibicións dos
rapaces coa
actuación do grupo Circonove. Realizaranse
varias
exhibicións
sobre os deportes que practicaron durante este curso os
rapaces e rapazas de Ames. Así haberá exhibicións de
baloncesto,
tenis, tenis de mesa, patinaxe e predeporte.
Ames,
24 de maio de 2012. O
Concello
de Ames pon fin este sábado 26 de maio ao programa de
escolas
deportivas que se está desenvolvendo dende o pasado mes de
outubro.
O acto de clausura comezará a partir das 16:30 h. no
pavillón
polideportivo de Bertamiráns. Os preto de 800 nenos e nenas
que
participaron neste programa deportivo desenvolverán varias
exhibicións sobre os deportes que practicaron durante este
curso.
Así
haberá exhibicións de baloncesto, tenis, tenis de mesa,
patinaxe e
predeporte. A empresa VV Xestión de Actividades SL é a
encargada de
impartir estas actividades deportivas ás que asisten preto
de 1.400
persoas entre nenos e adultos.
Chegado
o mes de maio o Concello de Ames clausura unha nova edición
do
programa das escolas deportivas. Este acto terá lugar este
sábado,
26 de maio ás 16:30 horas, no pavillón polideportivo de
Bertamiráns. O deporte e os obradoiros culturais son unha
boa forma
de desenvolver unha vida saudable e adquirir valores tan
importantes
como a deportividade, o respecto e a tolerancia. Por este
motivo, o
Concello de Ames aposta ano tras ano polo desenvolvemento
destas
actividades que sempre acadan uns resultados moi positivos.
Para
facerse unha idea da gran acollida que teñen estas
actividades entre
os amienses só hai que botar unha ollada ao número de
usuarios/as
que se inscribiron este ano neste servizo municipal.
Os
800 nenos e nenas que participaron neste programa
realizarán varias
exhibicións. Ás 16:30 h. comezará o acto coa presentación
de
todos os nenos e nenas que participarán neste evento.
Trala
presentación iranse intercalando as exhibicións dos
rapaces coa
actuación do grupo Circonove. Realizaranse
varias
exhibicións sobre os deportes que practicaron durante este
curso os
rapaces e rapazas de Ames. Así haberá exhibicións de
baloncesto,
tenis, tenis de mesa, patinaxe e
predeporte. A partir das 19:25 h realizarase a entrega de
diplomas e
o sorteo de agasallos. Ademais, haberá unha camiseta de
agasallo
para todos os participantes.
Nesta edición son arredor de
1.400 persoas as que acoden todas as semanas ás actividades
das
escolas deportivas. O servizo municipal das escolas
deportivas atende
a preto de 800 nenos e nenas. Pero este servizo non é
exclusivo só
para a mocidade senón que os adultos tamén dispoñen de
varias
actividades físicas que se imparten tanto nas localidades de
Bertamiráns e O Milladoiro, así como en diferentes lugares
do
rural. A estas actividades acoden arredor de 600
usuarios/as. En
total son 1.400 persoas as que se benefician deste servizo.
A
oferta de actividades deportivas que ofrece o Concello de
Ames
caracterízase pola súa variedade e por estar pensadas para
todos os
grupos de idade. Así, os e as amantes do deporte poden
escoller
entre varias actividades: aeróbic; ximnasia de mantemento;
baloncesto; fútbol sala; natación; predeporte; pilates;
tenis de
mesa; spinning, abdominais e glúteos; patinaxe; tenis e
voleibol.
Nas escolas deportivas impártense deportes como poden ser o
fútbol sala, o baloncesto, patinaxe, tenis, predeporte,
tenis de
mesa, voleibol e natación. Son moitos os cativos/as que
asisten
polas tarde aos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro
para
practicar estes deportes. Un dos obxectivos deste servizo é
iniciar
aos nenos e nenas na práctica deportiva para que adquiran o
hábito
de realizar exercicio a miúdo.
Actividades
para adultos
Por outra banda existen unha serie de actividades físicas
dedicadas ás persoas adultas que tamén teñen unha gran
demanda
entre a cidadanía amiense. Deste xeito son moitos os veciños
que
acoden as clases de aeróbic; pilates; spinning, abdominais e
glúteos; ou ximnasia de mantemento. A actividade máis
demandada é
a de pilates. Este adestramento físico e metal serve para
corrixir
problemas no lombo ou aprender a adoptar as posturas
correctas e
estirar adecuadamente os músculos.
É importante destacar
que para facilitar a asistencia de todos os participantes
hai grupos
tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, pero ademais a
actividade
de pilates impártese na urbanización de Aldea Nova e a de
ximnasia
de mantemento nos lugares de Aldea Nova, Aguapesada,
Ameixenda,
Biduído, Tapia, Trasmonte e Covas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario