SONATAS
Á ITALIANA
Martes 22 de maio - 20.30 horas - Auditorio de Galicia
Sonatas á italiana é un
grupo de música barroca formado polos violoncellistas Carolina Landriscini e
Carlos Garcia Amigo e polo laudista Diego Rojo. O seu traballo conxunto
iniciouse no festival Via Stellae 2008 en Santiago de Compostela e desde
entón teñen ofrecido numerosos concertos en festivais galegos e cataláns.
Música
para violoncello e laúde
As primeiras obras escritas
expresamente para violoncello só apareceron en Bolonia. Entre os compositores
que consagraron repertorio ao instrumento figuran nun lugar salientable o
cellista boloñés Domenico Gabrielli, e os venecianos Benedetto Marcello e
Antonio Vivaldi, dos primeiros compositores que exploraron todas as cualidades
expresivas do violoncello. Pola contra, Boismortier foi o primeiro compositor
francés que utilizou a forma de concerto italiano.
Ao boloñés Alessandro
Piccinini, músico na corte de Ferrara, atribúeselle a invención do arquilaúde,
e o francés Jacques Gallot foi un dos que exploraron a forma musical “tombeau”,
retrato musical en homenaxe a un falecido.
PROGRAMA
Domenico
Gabrielli (1659-1690)
Sonata a violoncello solo en Sol, con il
basso continuo
Ricercare V para violoncello solo
Canon a due violoncelli
Benedetto
Marcello (1686-1739)
Sonata I en Fa maior para violoncello e
continuo
Alessandro
Piccinini (1566-1638)
Chiaconna (laúde)
Joseph Bodin de
Boismortier (1689-1755)
Sonata III en Re maior para violoncello e
continuo
Doménico
Gabrielli (1659-1690)
Ricercare VI para violoncello solo
Jacques Gallot
(1625-1695)
La Belle Affligee (laúde)
Antonio Vivaldi
(1678-1741)
Sonata VI a violoncello col
basso
Ningún comentario:
Publicar un comentario