Frades - O gran Xogo das Letras Galegas


RAPACES E RAPAZAS DE SECUNDARIA DO IES DE PONTECARREIRA PARTICIPARON ESTA MAÑÁ NO
GRAN XOGO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

18 de maio de 2012.- Unha vintena de rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º da ESO do IES de Pontecarreira (Frades) participaron esta mañá no obradoiro “O gran xogo do día das letras galegas”, organizado polo Concello de Frades e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 

Frades - O Gran Xogo das Letras Galegas - Maio 2012
Durante algo máis de dúas horas, os rapaces fradenses competiron en grupos nun xogo de preguntas e respostas no que amosaron o seu nivel de coñecemento sobre o Día das Letras Galegas, tanto sobre Valentín Paz Andrade, autor ao que está adicada a edición de 2012, como sobre os distintos homenaxeados.

Os alumnos do IES de Pontecarreira amosaron un bo nivel de coñecementos sobre a cultura galega, nun xogo dirixido pola empresa Eduvía e organizado polo Concello de Frades, en colaboración co IES de Pontecarreira, e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dentro do programa “Letras vivas”.

Ningún comentario: