Un
total de 50 persoas participarán o domingo na I Andaina
Solidaria
por Ames
Trátase dunha actividade deportiva para recadar fondos para as persoas máis desfavorecidas do concello. Os fondos recadados entregaránselle a Cáritas Diocesana do Milladoiro e Bertamiráns. Todos os participantes terán que facer unha pequena doazón de 3 euros. Nesta iniciativa tamén colabora o Club de Atletismo Milla Raio.
Esta
andaina
comezará ás 10:00 horas e realizarase pola senda verde,
pero terá dous puntos de partida, Bertamiráns e O
Milladoiro. Os
participantes camiñarán ata un punto de encontro que será
o campo
da festa de Bugallido. Posteriormente, os camiñantes
volverán cara
ao punto de partida.
Ames,
25
de maio de 2012. Un total de 50 persoas inscribíronse
para
participar este domingo, 27 de maio, na I Andaina Solidaria
por Ames,
organizada polo Club de Atletismo Milla Raio e Cáritas
Diocesana do
Milladoiro e Bertamiráns en colaboración co Concello de
Ames. Esta
actividade comezará ás 10.00 horas e realizarase pola senda
verde,
pero terá dous puntos de partida, Bertamiráns e O
Milladoiro.
Os
participantes camiñarán ata un punto de encontro, que será o
campo
da festa de Bugallido. Posteriormente, os camiñantes
volverán cara
ao punto de partida. Os participantes que saian dende O
Milladoiro
andarán unha distancia de 14 quilómetros, mentres que as
persoas
que partan dende a Praza do Concello, en Bertamiráns,
percorrerán
12 quilómetros. A participación na carreira requirirá o
pagamento
dunha doazón de tres euros co obxectivo de recadar fondos
para
Cáritas.
A
Concellaría de Deportes organiza a I Andaina Solidaria por
Ames que
se celebrará o domingo a partir das 10,00 horas. Esta
andaina estaba
previsto que se realizase o pasado 29 de abril, pero por
motivos
meteorolóxicos houbo que suspendela. Agora, conforme ás
previsións
meteorolóxicas, agárdase que o tempo sexa bo e poida
desenvolverse
este domingo. Trátase dunha actividade deportiva para
recadar fondos
para as persoas máis desfavorecidas do concello. Os fondos
recadados
entregaránselle a Cáritas Diocesana do Milladoiro e
Bertamiráns.
Todos os participantes terán que facer unha pequena doazón
de 3
euros. Nesta iniciativa tamén colabora o Club de Atletismo
Milla
Raio.
Esta
andaina desenvolverase pola senda verde, que une Bertamiráns
e O
Milladoiro a través de camiños de vello e de pistas
forestais novas
que percorren zonas cun interesante valor patrimonial e
paisaxístico.
A saída está prevista para as 10:00 horas, pero haberá dous
puntos
de partida, un na Praza do Concello, en Bertamiráns, e outro
no
parque infantil de Ventín, no Milladoiro. As persoas que
saian dende
O Milladoiro andarán unha distancia de 14 quilómetros,
mentres que
os participantes que partan dende a Praza do Concello, en
Bertamiráns, percorrerán 12 quilómetros.
Os
camiñantes encontraranse nun punto intermedio, no campo da
festa de
Bugallido. Neste lugar establecerase un punto de
avituallamento. Os
participantes poderán levar algo para comer co fin de
repoñer
forzas. Tamén haberá sorteo de agasallos. Posteriormente, os
camiñantes volverán cara ao punto de partida. A andaina terá
unha
dificultade media e está dirixida ás persoas que lles guste
camiñar
e gozar da natureza. Recoméndase levar auga e calzado
cómodo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario