Paula
Fernández e Dolores García entregaron os diplomas aos participantes no
Obradoiro Interxeracional de Pintura
-Esta
actividade abre a programación que busca fomentar o encontro entre maiores e
nenos do municipio
Silleda, 25 de maio de 2012. A alcaldesa
de Silleda, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Benestar Social e
Igualdade, Dolores García Troitiño, participaron hoxe na clausura do Obradoiro
Interxeracional de Pintura, no que participaron dende o pasado mes de outubro
un total de 15 persoas de idades moi diversas.
Os traballos realizados polo
alumnado quedarán expostos na Casa da Xuventude, onde o público poderá
contemplalos ata o vindeiro venres día 1 de xuño, no horario habitual do centro
(de 11 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas).
Logo
da entrega dos diplomas acreditativos,
Paula Fernández animou aos asistentes a continuar cos seus traballos creativos
e tamén a participar no programa interxeracional que se abriu con este
obradoiro, incluído nas actividades do
Centro Social, e co que se pretende fomentar e potenciar o encontro e
interacción entre os maiores e os nenos do municipio.
Ademais do curso de pintura, este
proxecto, co lema De 3 a 103 anos,
inclue a realización nos vindeiros meses de propostas como o Intermemoring-
Mentoring Interxeracional, _ no que se forma a un grupo de persoas maiores que
serían Mentores, e que participarían en actividades nos centros escolares-,
propostas relacionadas co achegamento dos maiores ás novas tecnoloxías, ou a
creación dunha horta solidaria, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario