O Concello de
Melide ubicará dez novos contenedores de recollida de vidro nas parroquias e no
casco urbano da vila.
Dende a Concellaría de
Obras do Concello de Melide ao fronte da cal se encontra a popular Rosa Cabado,
levarase a cabo a ubicación de novos contenedores de recollida do vidro nas
parroquias e no casco urbano da vila.
Serán dez os
contenedores que desta vez se procederá a súa colocación dada a demanda veciñal
e a preocupación medioambiental pola reciclaxe deste material.
Melide, 25 de maio de 2012.- Dende a Concellaría de Obras e Servizos e Medioambiente do Concello de
Melide ao fronte do cal está Rosa Cabado, se vai a levar a cabo a colocación de
dez novos contenedores de recollida de vidro repartidos entre o rural melidá e
o casco urbano. Os lugares elixidos para a localización destes novos
contenedores son as parroquias de Santalla, Golán, O Meire e As Cazallas,
facendo polo tanto real unha demanda dos veciños e veciñas de Melide ao
responder ás necesidades de reciclaxe deste material. No casco urbano
procederase a reposición de aqueles que se atopen en mal estado para facer así
efectiva unha recollida do lixo máis segura e limpa. A concelleira de Obras,
Servizos e Medioambiente amosase moi satisfeita por extender servizos de
recollida cara as parroquias do rural melidense xa que pola súa localización
non contan coa proximidade dos mesmos servizos que no casco urbano da vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario