Os xuvenís da S.D. Órdenes xogarán
este sábado o seu ascenso á liga nacional contra a S.D. Compostela
Os máis novos do Concello teñen
organizada unha quedada antes do partido na que todos irán vestidos de verde
para animar ó seu equipo
Ordes
24 maio 2012. Este próximo
sábado o equipo xuvenil da S.D Órdenes, que actualmente milita na Liga Galega
grupo I, xogará o seu ascenso á liga nacional. Un partido que comenzará ás 17
horas e no que o seu rival será a S.D. Compostela, que xa ten asegurado o seu
ascenso.
Co fin de
animar ós xogadores centos de mozos e mozas teñen organizada unha quedada o
mesmo día ás 15 horas na Alameda de Ordes. A principal consigna será a de levar
a lo menos unha prenda de cor verde, ó igual ca equipación oficial do clube.
Unha vez todos xuntos dirixiranse a pé ata o campo de fútbol de Vista Alegre
onde terá lugar o encontro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario