Os alumnos do programa InserAmes, que xa rexistrou
17 insercións laborais, recolleron esta mañá os seus diplomas
O concelleiro de Comercio, Promoción Económica,
Traballo, Turismo e Educación, Bernardo Moar, estivo
acompañado da directora xeral de Promoción do Emprego da
Xunta, Ámparo González, no acto celebrado esta mañá no
edificio de usos múltiples de Aldea Nova.
Moar agradeceu aos alumnos o seu esforzo e
dedicación, e destacou que “o Concello de Ames, que ten poucos
recursos económicos e humanos, está facendo un importante
esforzo para facilitar a accesibilidade ao mercado laboral das
persoas que non teñen emprego”.
Ames, 21 de
maio de 2012. O concelleiro de Comercio,
Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación do Concello
de Ames, Bernardo Moar, entregou esta mañá, acompañado da
directora xeral de Promoción do Emprego da Xunta, Ámparo
González, os diplomas correspondentes á quinta edición do
programa integrado para o emprego 'InserAmes'.
Grazas a esta iniciativa,
cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar, un total
de 100 persoas do Concello de Ames están mellorando a súa
empregabilidade e aumentando as súas opcións de acceder a un
posto de traballo. No marco deste programa, que comezou en
decembro e estenderase ata o vindeiro 16 de xuño, acadáronse ata
o de agora un total de 17 insercións.
O Concello de Ames é un dos
poucos municipios da provincia da Coruña que ofrece este
programa, no que se marcan uns obxectivos de inserción laboral
dun 35%. Este programa de emprego é o único no que se esixe unha
porcentaxe de inserción para recibir as achegas da subvención da
Xunta e o Concello de Ames veu cumprindo nos últimos anos esa
porcentaxe.
Durante a súa intervención
antes da entrega de diplomas, o concelleiro de Comercio,
Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación do Concello
de Ames, Bernardo Moar, subliñou que o Concello é “optimista” e
confía en acadar o 35% de inserción laboral que se marca no
programa. Moar agradece aos alumnos o seu esforzo e dedicación,
e destacou que “o Concello de Ames, que ten poucos recursos
económicos e humanos, está facendo un importante esforzo para
facilitar a accesibilidade ao mercado laboral das persoas que
non teñen emprego”.
Pola súa banda, a directora
xeral de Promoción do Emprego da Xunta, Ámparo González,
destacou o “éxito” que está a acadar o programa InserAmes, algo
que, segundo destacou, “é gratificante para a Consellería de
Traballo e Benestar, xa que estes programas integrados son o
mellor exemplo do que debe ser unha política activa de emprego”.
Titorización especializada
Desde o pasado mes de decembro
de 2011, as instalacións do edificio de usos múltiples de Aldea
Nova acolleron o desenvolvemento de InserAmes. Esta iniciativa,
que atende a 100 persoas desempregadas, contempla varias accións
entre as que destacan completar a formación específica cunha
titorización especializada e persoal, o apoio ao autoemprego, e
a realización de prácticas non laborais. Con estas accións a
estratexia pretende mellorar o acceso ao mercado laboral dos
participantes.
A través do
InserAmes lógrase mellorar a empregabilidade dos participantes
e aumentar as súas opcións de acceder a un posto de traballo.
Os sectores básicos nos que incide este programa de emprego, e
que son os que aínda rexistran demanda de emprego, son as
enerxías renovables e a eficiencia enerxética e o coidado a
dependentes. Aínda así, os titores atenden as particularidades
de cada caso e son moitos os ámbitos nos que fan asesoramento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario