A
“Plataforma do lixo”
valora positivamente as xuntanzas veciñais
A
Plataforma levou a cabo convocatorias en todas os centros culturais
do Concello.
Participación
masiva nas reunións informativas das parroquias como mostra da
preocupación existente.
Dende
Gabinete de Alcaldía comunicaron á Plataforma un atraso na reunión
prevista co Alcalde, agora para a vindeira semana.
Convocamos
a todos os veciños a unha concentración nas portas do Concello ó
día 31 de Maio como medida de mobilización.
A
Plataforma do lixo que
representa a todos os veciños e veciñas afectados pola decisión
unilateral do goberno local sobre o cobro retroactivo do lixo
continúa cos seus actos reivindicativos reclamando que esta medida
abusiva non se faga efectiva.
Nestas
últimas semanas estivemos recorrendo o rural amiense para explicar a
situación na que nos atopamos e facerlle chegar os veciños ós seus
dereitos. Ademais de resolver as dúbidas sobre as alegacións que
cada un deles deciden presentar. Temos que destacar a alta
participación que tivemos e a nosa valoración positiva destes
encontros veciñais, nos que se fixo constancia da preocupación dos
afectados. Agradecemos tamén o apoio que estamos recibindo de todos
os veciños que loitamos polo mesmo obxectivo que é a rectificación
do goberno por esta medida inxusta.
Nestes
últimos días estivemos recorrendo aquelas parroquias as cales aínda
non acudiramos. O pasado domingo os encontros realizáronse cos
veciños de Ameixenda e Piñeiro e o luns pola tarde estivemos no
centro cultural de Agrón. Estas reunións estiveron anunciadas nos
carteis informativos que entre todos fomos colocando nos puntos de
información das distintas parroquias. En todas estas convocatorias
reflectiuse o desexo dos veciños por parar esta decisión que ten
unha única finalidade recadatoria. Tal e como se recolle na proposta
das asociacións de veciños e na alegación, todos estamos a favor
de regularizar a situación do censo este ano e comezar a cobrar a
partir de aquí. Pero en ningún caso se debería pagar polos anos
anteriores.
Ó
mesmo tempo ó Goberno organizou reunións polos distintos puntos do
rural nesta pasada semana. Queremos destacar que estas convocatorias
non se terían organizado se non fora pola iniciativa das Asociacións
de crear unha plataforma e polas actividades que levamos a cabo
informando ós veciños dos seus dereitos. Creemos que o goberno de
Ames tiña que ter levado a cabo estas reunións con anterioridade a
ningunha notificación de pago polas taxas do lixo.
A
Plataforma do lixo está esperando a prometida xuntanza co alcalde.
Nesta semana fomos informados de que se pospón para a vindeira
semana este encontro e esperamos que non se atrase mais. Neste
encontro mostraremos a nosa total desconformidade e intentaremos
chegar a un acordo a través do diálogo.
Aínda
así, seguimos adiante coas mobilizacións. Temos convocada unha
concentración diante da Casa do Concello para o vindeiro xoves 31 de
Maio, ás 19.30 horas. Con motivo de que este día terá lugar o
pleno municipal media hora máis tarde.
PLATAFORMA
DO LIXO
Constituída por
ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DO RURAL e ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS.
AV. o
Corpiño de Oca, AV. A Mercede de Lapido, Pedra do Fuso de Ames, San
Xoanciño de Pousada, AV. de Bugallido, AV. O Reguiño de Raices a
Casanova, AV. San Paio de Lens, AV. Paravent de Paramuíño e Ventín
(Biduido), AV. de Cobas, AV. Monte do Crego de Trasmonte, AV.
Quistilans o Cantiño, AV. Santa Mariña da Ameixenda, AV de
Riamontes, AV. Piñeiro, “Lojo Batalla” de Tapia. Representantes
de Castrigo, Agrón e das forzas políticas BNG, PSOE, Ames Novo
Ningún comentario:
Publicar un comentario