O
Concello de Ordes entrega os galardóns do V Certame de Poesía organizado con
motivo do Día das Letras Galegas
Radio Ordes emitirá ó longo da
vindeira semana os títulos premiados na voz dos seus propios autores
Ordes 25 maio 2012. Esta tarde o Concello de Ordes fixo entrega dos
galardóns ós gañadores do V Certame de Poesía organizado con motivo do Día das
Letras Galegas. Unha celebración que tivo lugar o pasado 17 de maio e que
estivo adicado á figura e obra de Valentín Paz Andrade. Na convocatoria
participaron xente de todas as idades e a ela se presentaron un elevado número
de obras.
O acto tivo lugar na
Casa da Cultura e posteriormente todos os galardonados acudiron ós estudios de
Radio Ordes para realizar unha lectura e grabación dos poemas seleccionados. Ó
longo da vindeira semana serán emitidos no magazine 'As mañanciñas de radio
Ordes' para o deleite de todos os oíntes, ademáis de colgarse no blog da
emisora (www.radioordes.com) e na páxina web do Concello
(www.concellodeordes.com) tamén poderán descargarse.
Os galardoados na
categoría infantil son: Lara López Fernández, María Iglesias Lagares, Antía
Rosende Juncal, Aira Portos Rei, Sorrayllag Ramos Gonzaga, Yasmine Ouchane.
Paula Rodrígez García e Rocío Leire Castro destacaron polos traballos
presentados nas categorías xuvenil e xeral respectivamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario