O Concello de Melide
conocerá neste mes a resolución de adxudicación da vivenda vacante existente
nas casas de protección oficial da vila.
·
A concelleira de Igualdade e
Benestar, Mª Jesús López, trasladouse a semana pasada ate a sede do Instituto
Galego de Vivenda e Solo co fin de manter unha xuntanza co presidente da
comisión provincial de vivenda da provincia da Coruña.
·
A vivenda de protección
oficial vacante en Melide será finalmente ocupada a principios do vindeiro mes
de xuño unha vez coñecida a resolución e sempre e cando todos os papeis sexan
presentados en tempo e forma.
Melide 19 de maio de 2012.- A
concelleira de Igualdade e Benestar, Mª Jesús López, trasladouse a semana
pasada á sede do Instituo Galego de Vivenda e Solo co fin de manter unha
xuntanza co presidente da comisión provincial de vivenda da provincia da Coruña
para coñecer de primeira man a resolución de inicio do proceso de selección en
segunda adxudicación no Concello de Melide dunha vivenda vacante nas casas de
protección oficial da vila. En dita reunión notificouse que nun prazo mínimo de
15 días enviarase un comunicado notificando a resolución do procedemento tendo
en conta que son dezaoito as persoas que se atopan na lista de posibles
candidatos para optar a vivenda vacante dacordo coa lexislación vixente
recollida no Decreto 1/2010 do oito de xaneiro polo que se regula o Rexistro
único de Demandantes de Vivenda da Comunidade de Galicia. Dita lexislación
establece que o procedemento de adxudicación executarase mediante sorteo, onde
se coñecerá o adxudicatario provisional, ademais de elixir as persoas
integrantes da lista de reserva por estricta orde correlativa. Asimesmo trala
publicación da listra provisional os solicitantes que se consideren
prexudicados no seu dereito disporán dun prazo de dez días para presentar a
reclamación pertinente ante a Comisión Provincial de vivenda, que deberá
adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario