O Concello de Ordes organiza unha
viaxe a Madrid para animar a Iván Raña na Copa do Mundo de Triatlón
Partirá este sábado dende a Alameda
ás 4 horas e o regreso será unha vez concluida a proba, puntuable para a
selección de cara ás olimpiadas
Ordes
24 maio 2012. Coa
colaboración do Concello de Ordes o mañán sábado 26 de maio os veciños e
veciñas que o desexen poderán animar en directo a Iván Raña en Madrid. O
campión mundial de triatlón competirá pola Copa do Mundo, unha proba válida
para a selección de cara as olimpiadas de Londres que se disputarán este verán.
O Concello
de Ordes pon a disposición dos seus seguidores un autobús que partirá da
Alameda o mesmo sábado ás 4 horas e cuxo regreso está previsto unha vez que
conclúa a carreira. Para anotarse basta con chamar ó teléfono 699 081 743. Os
menores deberán ir acompañados dun titor ou persoa que se faga responsable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario