La
Habitación Roja, The Last Internationale+The Ripe e Wanda Jackson+Pedrito
Diablo & Los Cadáveras no Compostela Rock
- Aos 11 concertos que
se celebraron xa no ciclo, asistiron más de 3.500 persoas
- En vindeiras datas
anunciaránse os primeiros concertos da nova edición do ciclo que comezará
despois do verán
Santiago de Compostela, 21/05/2012.- O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou
presentou esta mañá os novos concertos do Compostela Rock, ciclo da concellería
de Cultura. Serán La Habitación Roja, o 24 de maio no Teatro Principal; The
Last Internationale+The Ripe, o 6 de xuño na Sala Capitol e Wanda
Jackson+Pedrito Diablo & Los Cadáveras o 4 de xullo tamén na Sala Capitol.
Con estes tres concertos péchase esta edición do ciclo que tivo un total de 13
citas. Nas anteriores, entre as que estiveron The Answer, Diamond Dogs, Cooper,
Mark Lanegan, Toy Dolls ou Leiva, houbo máis de 3.500 asistentes, o que consolida
o ciclo como unn referente musical da nosa cidade. En vindeiras datas
anunciaránse os primeiros concertos da nova edición do ciclo que comezará
despois do verán.
La Habitación
Roja (Valencia pop-rock) estarán no Teatro Principal o xoves 24 de maio ás
21.00h. nun concerto enmarcado na súa xira ‘Fue eléctrico’. As entradas para
ver a este clásico do pop español, 10€ anticipada, e 14€ o día do concerto,
poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do propio Teatro.
The Last
Internationale (Nova York, stompin’boots blues) debutan en Galicia con este
concerto en Compostela o mércores 6 de xuño ás 21.30h na Sala Capitol no que
presentan o seu disco ‘Choose your killer’. Estarán acompañados por The Ripe
(Austin, Texas, rock-folk psicodélico). As entradas, 10€ anticipada e 12€ o día
do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal ademais de en www.ticketea.com, www.salacapitol.com e A Reixa Tenda.
Pecha esta
edición do ciclo a raíña do rockabilly, Wanda Jackson (Oklahoma) con Pedrito
Diablo & Los Cadáveras (Pontevedra, rock&western) de teloneiros. Poderemos
escoitar a Jackson, que comezou a súa carreira xirando con Elvis Presley, Jerry
Le Lewis e gravou con artistas como The Cramps, ou Elvis Costello o 4 de xullo
ás 22.00h na Sala Capitol. As entradas, 20€ anticipada e 25€ o propio día,
poden mercarse na billeteira do Principal, en Ticketmaster, e na Reixa Tenda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario