Santiago - axenda venres 25 e actuacións policía localsanti


Venres 25

10.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores municipais con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita.

10.00 h e 11.30 h
No Colexio A Inmaculada cunha sesión ás 10.00 h e no CEIP Quiroga Palacios  ás 11.30 h,  continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “Os cantos no país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar o IV Concurso de Balcóns. 

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.


13.00 h
No Polígono do Tambre (Vía La Cierva s/n), o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a Xunta de Mercagalicia. Ás 13.30 h, preside o Consello de Administración da devandita entidade.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á proxección de Gran Torino, dentro do programa Cine classics’12.  A continuación, “Café con Cine”, charla sobre a película co guionista Ángel de la Cruz.

20.00h.
No Teatro Principal, Chévere presenta 'Citizen, a triloxía completa'. Dirixida por Xesús Ron e con Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández e Iván Marcos.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA  LOCAL
(Dende as 08:00 h do día 23 ata as 08:00 h do día 24 de abril)

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou SETE accidentes na cidade:

- Ás 09.00 horas na República Arxentina, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 20.00 horas, na Carballeira de Santa Susana, consistente en atropelo a un peón, con resultado dunha persoa ferida leve.
- Ás 20.30 horas, na Praza de España, entre dous vehículos co resultado de danos materiais.
- Ás 20.45 horas, na Rúa Varsovia, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
- Ás 21.30 horas, na confluencia das rúas Cruceiro do Galo e Pombal, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 22.10 horas, na rotonda de Volta do Castro entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- 00.15 horas, na rúa Torrente Ballester coa avenida de Lugo, entre dous vehículos co resultado de danos materiais.

INTERVENCIÓNS

- Faise un control de consumo de alcohol por parte de menores.
- Ás 15.10 horas, comeza a arder un vehículo estacionado na rúa Santiago de Guayaquil, propagándose ao vehículo que había ao lado. É sufocado polos bombeiros.
- Denúnciase a unha persoa que levaba un can de gran tamaño paseando por Algalia de Arriba sen bozo.
- Ás 21.15 horas, procédese á detención dunha persoa que ao ser identificada se comproba que tiña unha orde de detención do Xulgado de Vergara.
- Ás 02.20 horas prodúcese un incendio en FINSA como consecuencia da explosión dunha máquina con resultado de danos materiais. É sufocado por persoal da propia empresa.

AUXILIOS

- Ás 15.30 horas, na rúa Xoán XXIII, auxíliase a unha persoa que se atopaba tirada na beirarrúa. Avísase á ambulancia 061, que a atende no lugar.


Ningún comentario: