PSOE Teo - solicitude de información sobre o plan de axuste
PROPOSTAS PARA O PLENO E SOLICITUDE DE
INFORMACIÓN SOBRE O PLAN DE AXUSTE
Uxía Lemus, concelleira do PSdeG PSOE de Teo, ven de presentar dúas mocións
para o Pleno ordinario do mes de maio.
Na primeira, os Socialistas de Teo solicitamos que se manteñan as
demarcacións xudiciais actualmente existentes, ante a drástica redución
proposta dos partidos xudiciais de Galicia, que pasarían de 45 a 13, e que se
retire o Anteproxecto de reforma das taxas xudiciais.
A reforma dos partidos xudiciais proposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial, e
que o Ministro de Xustiza quere asumir, non supón en ningún caso unha
modernización da Administración da Xustiza, senón todo o contrario. Dita medida,
unida a da suba das taxas xudiciais, supón unha nova traba aos cidadáns para o
acceso o dereito a tutela xudicial efectiva. A Xustiza, pasará a ser ademais de
lenta, CARA E LONXANA.
En segundo lugar, o PSdeG PSOE de Teo solicita a Xunta de Galicia que se acelere o
calendario de asunción dos gastos de mantemento dos centros de saúde,
centros de ensino e xulgados de paz, no marco do Pacto Local galego
asinado entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP en xaneiro de 2006.
Son gastos ata agora asumidos polos Concellos, e o Pacto Local incorporaba unha
cláusula para o progresivo traspaso á Xunta dos gastos de mantemento de colexios
de ensino primario, centros de saúde e xulgados de paz, por consideralos de
competencia estritamente autonómica.
Esa cláusula está a ter un desenvolvemento certamente lento, porque por exemplo,
desde 2006 só 36 centros de saúde foron asumidos pola Xunta e anunciase para o
ano 2013 o traspaso de 25-30 centros, dun total de 400. Para os centros non
transferidos, a Xunta aportará aos Concellos menos de 900.000 euros, cantidade
claramente insuficiente.
A pouca flexibilidade actual do financiamento municipal, agravada pola baixada dos
ingresos propios e os recortes nas transferencias doutras administracións, provoca
as dificultades crecentes dos Concellos galegos na asunción dos costos de servizos
impropios como o mantemento dos centros de ensinanza primaria, os centros de
saúde, ou os xulgados de paz.
As necesarias e imprescindibles obras de mellora e mantemento destes centros en
múltiples ocasións son aprazadas, con conseguinte prexuízo na prestación de
servizos básicos como son a educación ou a sanidade para a cidadanía galega.
Por outro lado, Uxía Lemus ven de presentar unha solicitude de información e
acceso ao expediente do plan de axuste para o pagamento de provedores
do Concello de Teo.
COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL TEO
2
Aprobado o Plan de axuste no Pleno do mes de marzo, o PSdeG PSOE só ten
coñecemento do estado do expediente a través das novas da prensa, que sinalaban
a aprobación de dito plan de axuste polo Ministerio de Facenda e Administracións
Públicas.
A diferenza doutros Concellos que procederon á aprobación da operación de
endebedamento nun Pleno extraordinario, celebrado antes do 15 de maio como
sinalaba a normativa estatal, no Concello de Teo non se procedeu desta forma,
descoñecéndose polo PSdeG PSOE tanto as razóns deste proceder como a fórmula
finalmente adoptada para a súa aprobación.
Dado que a contía do endebedamento, inicialmente previsto en
1.320.457,22 euros, só se podía concretar a través da aprobación da
concertación do crédito, non realizada en Pleno, os Socialistas de Teo
requirimos se nos informe desta nova e importante operación, que elevaría
a cifra total de endebedamento do Concello de Teo no ano 2012 a
3.659.470,00 euros (mais de 600 millóns das antigas pesetas).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario