As celebracións en
Piñeiro
comezan hoxe cunha verbena na que estarán a orquestra
Principal e o
Trío Orquídea. O domingo, ás 13:30 horas, celebrarase unha
misa solemne
e despois actuarán o grupo de gaitas Os Castros e o Trío
Orquídea.
En Agrón, a festa terá lugar o domingo, unha xornada
na que se
honrará á Virxe do Socorro. Está prevista a celebración
dunha misa
solemne ás 13:00 horas. Media hora antes, ás 12:30 horas,
haberá unha
actuación do grupo de gaitas Os Castros.
Ames, 25 de maio de
2012.
Esta fin de semana haberá festas nas parroquias amienses de
Piñeiro e
Agrón. Serán unhas festas onde haberá música para bailar e
divertirse,
así como actos relixiosos. Os días 26 e 27 de maio celébranse
na
parroquia de Piñeiro as festas na honra á Virxe das Flores,
unha
festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense.
Serán
unhas festas onde haberá música para bailar e divertirse, así
como
actos relixiosos.
As celebracións comezan
mañá,
sábado 26 de maio, cunha verbena pola noite na que actuarán a
Orquestra
Principal e o Trío Orquídea. As festas na honra á Virxe das
Flores de
Piñeiro continuarán o domingo cunha misa solemne, que comezará
ás 13:30
horas. Tras os actos relixiosos, a festa continuará cunha
actuación do
grupo de gaitas Os Castros e do Trío Orquídea.
Mentres
tanto,
na parroquia de Agrón a festa terá lugar o domingo, unha
xornada
na que se honrará á Virxe do Socorro. Para esta data, está
prevista a
celebración dunha misa solemne ás 13:00 horas. Media hora
antes, ás
12:30 horas, haberá unha actuación do grupo de gaitas Os
Castros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario