Santiago – axenda martes 6, corte de tráfico e actuacións da policía local

Martes 6

10.30 e 12.00 h

No Teatro Principal, Concerto Didáctico 'O metal e as súas cores', unha produción da Fundación La Caixa enmarcada dentro da programación didáctica da concellería de Cultura.

11.00 h

No Auditorio de Galicia (Sala Circular), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; de Juan Paz, Brand Manager de 1906; e de Joe Lovano, artista que participa no Jazz in Blue do V Ciclo 1906 de Jazz cun concerto esa mesma noite no Auditorio de Galicia.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, para presentar as bases do Concurso de Debuxo "50 Aniversario da SD Compostela", na que tamén estará o presidente do Comité organizador do 50 Aniversario, Alfonso Castiñeiras, e o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada.

18.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa Asociación Cultural e de Festas San Lázaro. Asiste o concelleiro de Participación Cidada, Francisco Noya.

21.00 h

Jazz in Blue

No Auditorio de Galicia, concerto de Joe Lovano Quartet dentro do ciclo Jazz in Blue

Corte de tráfico na rúa Santa Uxía de Ribeira

Por mor da realización de obras na rede de saneamento é preciso cortar ao tráfico á rúa Santa Uxía de Ribeira, o martes día 6 de marzo desde as 8.00 h ata as 19.00 h.

Permitirase o acceso os residentes pola praza Álvaro Cunqueiro.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

---------------------------------------------------------

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

(Desde as 08:00 h do día 2 ata as 08:00 h do día 5 de marzo)

Do venres ao sábado

- O Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou CINCO accidentes de tráfico: na praza Oliveira, na rotonda do Hospital Clínico, na confluencia da rúa Montero Ríos con Rosalía de Castro e na rúa do Restollal, consistente este nunha saída de vía e choque contra a mediana e un farol. Todos eles con resultado de danos materiais. O último tivo lugar na rúa Filgueira Valverde e saldouse con danos materiais e cunha alcoholemia positiva, instruíndose dilixencias.

- O Equipo de Atestados á súa vez practicou sobre as 7.00 horas a proba de alcoholemia ao condutor doutro vehículo, que deu tamén resultado positivo, instruíndo dilixencias

- Os axentes proceden á RECUPERACIÓN dun vehículo, marca Mercedes, que figuraba substraído e que se atopaba estacionado na rúa Fernando Casas Novoa.

Do sábado ao domingo

- O Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes de tráfico: o primeiro na rotonda de San Lázaro, consistente nunha saída de vía na que o turismo choca contra o muro de formigón, resultando só danos materiais. O condutor do vehículo arroxa un resultado de ALCOHOLEMIA POSITIVA, polo que se instrúen dilixencias. O outro accidente prodúcese na rúa Laverde Ruiz ao chocar un turismo contra varios bolardos, que son arrincados, e provocando danos materiais.

- O Equipo de Atestados instrúe dilixencias por unha alcoholemia positiva ás 7.30 horas ao condutor dun turismo.

- Acódese a un AUXILIO na rúa Antonio Casares, onde se atende a un cidadán que caera e que é acompañado polos axentes ao centro médico da Rosaleda.

Do domingo ao luns

- Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou UN accidente de tráfico na Avenida de Santiago de Cuba, consistente nunha saída de vía na que se produce o choque dun turismo contra un muro, resultando unha persoa ferida leve.

- Á súa vez hai DÚAS alcoholemias positivas practicadas, unha delas ao condutor dun turismo na Praza de Vigo e outro na rúa Montero Ríos.

Ningún comentario: