Axenda, Santiago, Tráfico, Silleda, Ordes, Centro de Transfusión

SANTIAGO

Venres 14

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local. 

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local. 

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área. 

13.00 h
Na Catedral, o alcalde compostelán, Ángel Currás, realiza unha ofrenda floral a Jesús Precedo, quen pola tarde recibirá a título póstumo a Medalla de Ouro da Cidade. Punto de encontro: Praterías (para logo ir ata o claustro).

19.00 h
No Comedor Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de imposición da Medalla de Ouro da Cidade a Jesús Manuel Precedo Lafuente e Manuel Sánchez Salorio. (Adxúntase programa do acto).

21.00

Estrea de ‘Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes’ na Zona “C”
A proposta teatral, moi cercana á performance, está dirixida e protagonizada por Clara Gayo, Rula Blanco e Rocío González e reflexiona arredor do ben e o mal
As entradas, a 8 euros, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18.00 a 21.00h e na Zona “C” os días de espectáculo a partir das 18.00h 
A programación do ciclo ‘Teatro&Danza’ continúa despois da proposta do Circo Acrobático Nacional de Pequín e agora ofrécenos a estrea de ‘Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes’. Con textos de Clara Gayo está dirixida e protagonizada pola propia Gayo ademais de por Rula Blanco e Rocío González. Representaráse en tres funcións na Zona “C” o venres e sábado ás 20.30h e o domingo ás 19.30h. As entradas, a 8 euros, poden mercarse desde xa na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h e os días de espectáculo tamén na propia Zona “C”.



Corte de tráfico na praza de Rodrigo de Padrón


Con motivo de obras de reparación de pavimento na praza de Rodrigo de Padrón e Costa de San Clemente, o vindeiro sábado, 15 de setembro, dende as 8:00 horas e durante todo o día, o acceso e saída da devandita praza farase pola avenida de Figueroa, que permanecerá con dobre sentido de circulación.
Durante esta xornada, os vehículos autorizados e residentes deberán saír do Casco Histórico por Fonseca en dirección á praza do Obradoiro.
Finalmente, os vehículos de reparto e aqueles que accedan ao estacionamento de San Clemente durante a maña, deberán saír pola Rúa Trindade. Pola tarde, a partir das 15:00 horas, quedará tamén cortada ao tráfico a rúa de San Clemente.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.


Corte de tráfico con motivo das festas da Gracia
Con motivo das festas patronais da parroquia da Gracia, a estrada comprendida entre o cruce de San Silvestre (San Caetano) e o campo da festa permanecerá cortada ao tráfico dende as 15:00 horas do venres 14 ata as 12:00 horas do luns 17.
Ademais, a estrada comprendida entre o campo da festa e A Escadiña quedará cortada dende as 7:00 horas do sábado 15 ata as 12:00 horas do o luns 17. Finalmente, a estrada que atravesa o campo (diante da igrexa), estará cortada dende as 9:00 horas do sábado 15 ata as 12:00 horas do luns 17.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.


OROSO - TRÁFICO
O Concello de Oroso anuncia a prohibición de estacionar en dúas rúas de Sigüeiro entre as 8:00 e as 18 horas do venres 14 de setembro debido á celebración da primeira etapa da XI Volta Ciclista a Galicia, con saída e meta en Sigüeiro. A prohibición de estacionar afectará á Praza Isaac Díaz Pardo e á rúa da Cultura mentress que os cortes puntuais se producirán nas principais rúas do centro de Sigüeiro: Xuncal, Lengüelle, Deporte e Camiño Inglés. 
No caso da avenida da Garabanxa, unha das vías máis transitadas do municipio, os cortes de tráfico só terán lugar durante a saída (14:00 horas) e chegada (prevista entre as 17:20 e as 17:34 horas). O Concello de Oroso mobilizará a todos os efectivos de Protección Civil, da Policía Local e da Brigada Municipal de Obras e Servizos para tratar de paliar ao máximo as molestias que a proba poda ocasionar entre os veciños. Así mesmo, o Concello repartiu dípticos e follas informativas entre a veciñanza para que teñan cumprida información sobre estes cambios temporais na circulación de vehículos na parte este de Sigüeiro.
No caso da avenida da Garabanxa, unha das vías máis transitadas do municipio, os cortes de tráfico só terán lugar durante a saída (14:00 horas) e chegada (prevista entre as 17:20 e as 17:34 horas). O Concello de Oroso mobilizará a todos os efectivos de Protección Civil, da Policía Local e da Brigada Municipal de Obras e Servizos para tratar de paliar ao máximo as molestias que a proba poda ocasionar entre os veciños. Así mesmo, o Concello repartiu dípticos e follas informativas entre a veciñanza para que teñan cumprida información sobre estes cambios temporais na circulación de vehículos na parte este de Sigüeiro.

SILLEDA

O músico brasileiro Paulinho Lêmo inicia a súa xira galega cun recital en A Bandeira. A presentación do séptimo traballo do patriarca da música brasileira en Barcelona, Café con xeo, será na Carballeira de Silva
O primeiro concerto terá lugar en Bandeira, por unha iniciativa do Concello de Silleda, e O Drakesito (Os mellores mojitos de Galicia). A xira continuará o sábado día 15 (21.30 horas) nun singular espazo gastronómico musical de Arzúa, o Café Confeitaría La esquina. En ambos os concertos estará a disposición do público o CD “Café con xeo”. Para ambos os eventos a entrada é libre. 

ORDES

Festas en Santa Cruz de Montaos    máis información

CENTRO TRANSFUSIÓN

MILLADOIRO(AMES)
UNIDADE MÓBIL NA RÚA CRUXA (AO CARÓN DE SUPERMERCADOS EL ÁRBOL)
15:30 - 21:00





Ningún comentario: