Silleda - o concello agradece os sindicatos agrarios a doazon de productos para as familias máis necesitadas

Paula Fernández agradece aos sindicatos agrarios a doazón de productos lácteos para as familias necesitadas
O vehículo de Servizos Sociais trasladou hoxe dende Lalín, onde se celebrou a manifestación en apoio do sector gandeiro, 13 caixas de iogures e varias de leite
O departamento municipal de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Dolores García, repartirá a vindeira semana productos lácteos entre as familias con poucos recursos de Silleda. O vehículo do departamento trasladouse hoxe a Lalín para recoller esta doazón, feita polos sindicatos agrarios que organizaron esta mañá a protesta en señal de apoio ao sector gandeiro no Deza e Tabeirós-Montes. En total trasladáronse 13 caixas de iogures, de 48 unidades cada unha, e varias caixas de leite, que se gardarán na queixería Semana Verde para proceder ao seu reparto a vindeira semanaA alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, que acudiu á manifestación xunto a outros concelleiros do equipo de goberno, para amosar o seu apoio aos gandeiros/as e agricultores/as, quere facer “un agradecemento expreso aos sindicatos agrarios por esta doazón, que servirá para subministrar productos lácteos, tan básicos na alimentación, a varias familias silledenses”, engade.

Ningún comentario: