A oferta das Escolas Deportivas Municipais, con trece modalidades, abren o prazo de inscrición
Entre as novidades haberá clases de defensa personal, pádel e danza do ventre
O prazo para anotarse nas Escolas Deportivas Municipais de Silleda está xa aberto. Para o vindeiro curso ofertaranse un total de 13 modalidades, entre elas tres novas. Trátase de pádel, defensa persoal e danza do ventre.
Ademais continuarán as clases de natación, patinaxe, aquagym, kun fu, aerobic, ximnasia terapéutica, Pilates, ballet, tenis e equitación. Os prezos das actividades serán os mesmos ca os do ano pasado.
O concelleiro de Deportes, Klaus Brey, explica que todas as actividades terán lugar en instalacións e recintos deportivos municipais, agás no caso de aquagym e natación, que se levarán a cabo nas dependencias do Hotel Oca Spa Katiuska, co que se volverá a renovar o convenio de colaboración. Ademais, no caso da ximnasia terapéutica, levarase a cabo no Centro Social dos Maiores. Esta modalidade, segundo explica Klaus Brey, chegará tamén aos centros sociais das parroquias onde haxa veciños e veciñas interesadas, cun número mínimo de 10 persoas para poder celebrarse.Os interesados en obter información e anotarse poden facelo na Casa da Xuventude (teléfono 986 580064) ou chamando tamén ao número de teléfono 671-801336.
Ningún comentario:
Publicar un comentario